Ártur, de “Mas” a menos

Caganer de Ártur MasÁrtur Mas, presidente da Generalitat, tíñao todo de cara para levar a diante un proceso histórico en Catalunya, onde se empezaría a visualizar que algo, efectivamente, podía cambiar. O president tiña unha maioría sólida no Parlamento e o que é máis importante, na rúa, onde o día 11 de setembro case dous millóns saíron a rúa pedindo só unha cousa, que os deixen votar. Con esa maioría e con ese apoio popular Ártur Mas só tiña que sacar á rúa as urnas con toda a seguridade que proporciona un proceso dirixido por unha institución pública. É certo que ía atopar enfronte a un estado antidemocrático, pero tíñaas todas de gañar, Catalunya tiña moito que gañar e pouco que perder. O 9N era ese momento histórico, que pasa cada moito tempo, e Ártur Mas, prefire agochar a cabeza e deixalo pasar.

Catalunya quería un cambio e Ártur Mas proporciónalle un sucedáneo sen consecuencias políticas, proporciónalle un máis do mesmo, e o que é peor, conseguiu dividir ao bloque soberanista, que de ningún xeito concorrerá unido nunhas eleccións plebiscitarias, polo menos con todas as forzas políticas que o conformaban.

O president tiña a oportunidade de pasar a historia e non quixo. Tiña ao alcance da man constituír un novo estado independente, que lle dera azos a moitas outras nacións e pobos, non só da Península Ibérica, senón do mundo, e non quixo. Tiña ao alcance da man ser o primeiro presidente dun estado catalán independente, mais prefire ser o presidente dunha comunidade autónoma dirixida desde Madrid.

Pero, por que fai isto o presidente da Generalitat? Poden ser moitas as razóns. Unha delas xa explicitei non hai moitos días, mais non será a única, detrás tamén haberá presións da oligarquía económica e financeira catalá que non quere correr riscos que prefire manter o statu quo, antepoñendo os seus intereses privados aos do pobo catalán.

E por último, hai que ter en conta que dos case dous millóns de persoas que saíron á rúa o 11 de setembro, non todos eran nacionalistas e moito menos independentistas, pero si querían un cambio político e social, e o que teño claro é que se non é dun xeito, será doutro tipo, pero cambio haberá, outra cousa é que este último sexa bo para o pobo catalán.

2 thoughts on “Ártur, de “Mas” a menos

  1. Desta vez Imeneo, tenho que matizar um pouquinho. Artur Mas, representante da grande burguesia e oligarquia catalana, actuo, como muitos de nós agardavamos, como históricamente o leva a fazer esse sector social ao longo da sua história cada vez que o estadio particular a levou a um enfrontamento agudo com Espanha; isto é, chegando a acordos con ela e vendendo ás suas maiorias sociais.
    Perdeu unha oportunidade histórica? pois. Mas, perdeu o poder na altura? nom . Imaginémo-nos, que periplo, de curto espaço temporal con resortes de poder, lhe quedaria a Convergência, se o processo fosse para diante? Para mim, ben pouco. Porém, passaria à história como o presidente que luitou e consensuou por lograr a independência da sua Patria. Que grande pessoeiro na história das nazons sem estado e eu poderia dizer TRABUQUEI-ME NOM TINHA RAZOM

    Gústame

    1. Agollá estea equivocado nesta cuestión. Coido que sería moi importante que se visualizara que a ruptura política vén das nacións do estado e non doutras entelequias. Pero insisto que me parece un erro que Mas divida coa súa estratexia o bloque soberanista. Era o que quería o PP. O tempo dirá. Un saúdo.

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s