Pablo Iglesias, o líder supremo de Podemos, dixo non hai moitos días que o “Parlamento Europeo é unha perda de tempo”, que os “os programas de debate (os das televisións) convertéronse nos verdadeiros parlamentos”. Porén, malia ser unha perda de tempo, é unha inutilidade estar en Estrasburgo, segundo o líder emerxente da política do Estado, iso non lle impide que esta organización política teña 21 asistentes ou liberados a conta de todas e todos nós.
Dos cinco deputados que ten Podemos en Estrasburgo, Teresa Rodríguez-Rubio ten 6 liberados, Pablo Iglesias 5, Lola Sánchez Caldentey 5, Pablo Echenique 4, e Tania González 1 liberado. Non está mal para unha organización que fixo e fai campaña contra as prebendas da casta política, verdade? Se botamos contas sae a unha media de 4,2 liberados por deputado, bastante máis que os partidos da “casta” que tanto critican, PP e PSOE, que teñen 3,375 e 2,14 liberados por deputado de media.
O Parlamento Europeo, segundo indican no Reddit de Podemos, pon a disposición de cada deputado 21.209 € mensuais para asistencias parlamentarias, unha parte teñen que ser estábeis e outra poden ser temporais. Non serei eu quen faga campaña contra as liberacións a conta dos parlamentos, sexan autonómicos, estatais ou europeos; é de sentido común que un deputado necesita axuda para desenvolver o seu traballo diario (axenda, prensa, asistencia técnica, etc), mais de aí a pasar a unha media de 4 asistentes por deputado, media un abismo. É evidente, que non é o mesmo un grupo parlamentar con 5 eurodeputados que outro con 16, pero coido que facer un uso razoábel dos recursos públicos é o mínimo que se lle pode pedir a unha organización política, e máis se se trata dun partido que presume de querer transformar a sociedade e de ser exemplo para as organizacións políticas “tradicionais”.
O que sospeito é que unha parte destes 21 liberados non traballan para os eurodeputados de Podemos, senón para a organización, iso é o que se desprende da información que figura en Plaza Podemos, para logo presumir, como no seu día fixo Anova, de que eles non teñen liberados a conta do partido, que son unha organización modélica, que non ten gastos nin créditos cos bancos. Así calquera!
Está claro, unha cousa é predicar e outra dar trigo. O refrán non falla.
Si sabeus tanto porque non pone os nomes du os liberados du podemos en logar de despotricat contra ellos.
GústameGústame
A min non me interesan os nomes, só o número, pero se tanto che interesa os nomes dos liberados de Podemos só tes que clicar nas ligazóns de cada un dos deputados desta formación política. Tamén podes velos na web do Parlamento Europeo.
Boa noite!
GústameGústame
estos datos están sacados de las “Cuentas Claras” de Plaza Podemos:
– LOLA SANCHEZ:
Asistente Parlamentario Amelia Martinez Lobo
– 31/07/2014: 2.287,78.euros netos
– 31/07/2014 : 2.804,78euros netos
– -Asistente Parlamentario-Mancomunado- Antonio Sánchez Domínguez. 31/07/2014: 305,81euros netos
– 31/08/2014: 560,83euros netos
– -Asistente local- Angela Vazquez 31/08/2014: 322,50 euros netos
– -Asistente local- Irune Jimeno 31/08/2014:: 322,50 euros netos
– Asistente local- Lucia Ayala 31/08/2014: 849,99 euros netos
– Asistente local- Luis Gimenez 31/08/2014 : 322,50 netos
– Asistente Local- Viviana Villamarín 31/08/2014 : 563,33 euros netos
PABLO ECHENIQUE:
-Asistente Parlamentario.- Juan Peris
31/07/2014 : 2.804,28 euros, netos
31/08/2014: 2.804.78 euros netos
-Asistente Parlamentario –Mancomunado – Antonio Sanchez Domínguez
31/07/2014: 305,99 euros netos
31/08/2014: 561,06 euros netos
– Asistente Local – Angela Vazquez 31/08/2014 : 322,50 euros netos
-Asistente local – Irune Jimeno 31/08/2014: 322,50 euros netos
-Asistente Local – Luis Giménez : 31/08/2014: 322,50 euros netos
– Asistente Local Leando Piragini Giella 31/08/2014: 1.204,02 euros netos
-Asistente Local Lorena Pérez Ojeda 31/08/2014: 1.204,02 netos
-Asistente Local Alberto Sierra Barreras 31/08/2014: 860,00 netos
PABLO IGLESIAS
– Asistente Parlamentario – Dina Bousselham
– 31/07/2014 : 2.287,28, euros netos
– 31/08/2014: 2.804,78 euros netos
– . Asistente- Mancomunado- Antonio Sanchez
– 31/07/2014 : 305,81 euros netos
– 31/08/2014 : 560,93 euros netos
– Asistente local – Angela Vazquez 31/08/2014 : 322,50 euros netos
– Asistente Local – Irune Jimeno 31/08/2014 : 322,50 euros netos
– Asistente local – Luis Gimenez 31/08/2014: 322,50 euros netos
– Asistente Local – Eduardo Fernández Rubino 31/08/2014: 1.290,00 euros netos
– Asistente Local – Sarah Bienzobas 31/08/2014: 1.290,00 euros netos
– Asistente Local – Sergio Pascual Pena 31/08/2014 : 1.290,00 euros netos
– Asistente Local – Tomas Mantecón 31/08/2014 : 1.290,00 euros netos
TERESA RODRÍGUEZ
– Asistente Parlamentario – Alejandro merlo-
– 31/07/2014 : 2.287,28 euros netos
– 31/08/2014 : 2. 804,78 euros netos
– Asistente Parlamentario – Mancomunado- Antonio Sanchez Domínguez 31/07/2014 : 305,81 euros netos
– 31/07/2014 : 560,93 euros netos
– Asistente local – Angela Vazquez 31/08/2014: 322,50 euros netos
– Asistente Local- Irune jimeno 31/08/2014 : 322,50 euros netos
– Asistente Local – Luis Giménez 31/08/2014: 322,50 euros netos
– Asistente Local – David González Marcos 31/08/2014: 601,99 euros netos
– Asistente Local – Gonzalo Donaire 31/08/2014: 601,99 euros netos
– Asistente Local – Pablo Perez 31/08/2014 : 601,99 euros netos
– Asistente Local – Patricia Amaya 31/08/2014 : 601,99 euros netos
– Asistente Local – Paula Ortega 31/08/2014 : 601,99 euros netos
–
GústameGústame
para min non son o enemigo…. son outros onde debemos disparar e non perder o tempo… mentras sosteñan que os catalans teñen dereito a autodeterminación… non direi nada malo contra podemos… desde logo non vou votar por eles que son moi galego son mais galego que as pedras da muralla de lugo, que son romanas e son mais galego que as pedras da catedral de santiago que son catolicas, son galego como as pedras dos castros… ou a roca plutonica do interior da nosa patria
GústameGústame