O 80% dos seguidores de Pablo Iglesias en Twitter son falsos

Fake Rubber StampPablo Iglesias, o líder de Podemos, é o político do Estado español que ten máis seguidores na rede social Twitter. En concreto, e agora mesmo, ten 632.202 seguidores nesta rede social. Unha cifra escandalosamente alta se a comparamos con outros políticos, por exemplo, Mariano Rajoy, que ten 577.044, ou Pedro Sánchez do PSOE, que ten 83.909 seguidores.

Porén, non todo o que reloce é ouro na morea de seguidores de Pablo Iglesias. Segundo a aplicación FakeFollowers só un 14% dos seguidores do líder de Podemos están activos, o resto, un 6% están inactivos, e un 80% son falsos, é dicir, máis de medio millón. Ante estes datos, cabe preguntarse se Pablo Iglesias compra seguidores a esgalla para ser a estrela do firmamento Twitter no Estado español.

Na táboa que hai a continuación hai unha comparativa dos usuarios de Pablo Iglesias, Mariano Rajoy, Pedro Sánchez e o usuario do BNG, e curiosamente, o Bloque é o que máis seguidores “reais” ou activos ten, un 80%, nas antípodas do líder de Podemos.
cadro
Curiosamente non hai moitas semanas, os medios de comunicación fixéronse eco do crecemento anómalo dos seguidores de Mariano Rajoy en Twitter. Á vista dos datos, o Twitter de Pablo Iglesias está máis inchado ca a burbulla inmobiliaria, que, como todas as burbullas acabará por estoupar. No caso do o Presidente do Goberno, Twitter tomou medidas e borro boa parte dos seus seguidores falsos. Fará o mesmo coa conta do líder de Podemos?

Para rematar, un aviso a navegantes incautos. No vos deixedes engaiolar pola morea de seguidores e seguidoras que ten tal ou cal persoeiro, como vistes, para todo hai trampa.

5 opiniones sobre “O 80% dos seguidores de Pablo Iglesias en Twitter son falsos

      1. Aavila: ti non sabes entender unha gráfica, non? Nesa ligazón que pos, sinala como “real” aproximadamente un terzo. Entre “falsos” e “dubidosos” forman os dous terzos restantes.

        Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.