Almodovar e o analfabeto “gallego”

AlmodovarSeguindo a estela de Rosa Díaz, o director do ABC, Cayo Lara, Woyoming, etc, hoxe Almodovar tamén se sube ao carro dos que insultan o noso pobo. Nunha entrevista no programa “Hoy por Hoy” da Cadena Ser, conducido por Gemma Nierga, o director manchego afirma que “Si yo hubiera sido un hombre analfabeto, gallego, que me hubieran hecho firmar con el dedo, no sé escribir, y me entero del asunto de las tarjetas opacas…” (minuto 20).

Tanto Almodovar como a Gemma Nierga saben ou deberían saber que a estafa das preferentes deuse en todo o Estado, non só en Galiza, e a afectou a persoas moi listas e resabidas, non só a analfabetos, que asinaron con pluma ou co dedo este produto financeiro.

Almodovar puido dicir simplemente “un hombre analfabeto” e non pasaría nada, pero engadiu o de “gallego”, no canto de “madrileño” ou “manchego” ou “español”, asumindo deste xeito todos os estereotipos atribuídos a este pobo (somos un pobo inculto, atrasado, que no sabemos se subimos ou baixamos, etc, etc).

Un xa empeza a estar un pouco caso de tanto desprezo por parte de España.

A proba do delito

11 thoughts on “Almodovar e o analfabeto “gallego”

  1. Máis analfabetos parecedes todos vos que non sodes capaces de contrastar noticias…. fala dun caso en concreto, das preferentes de caixanova que estafou a xente analfabeta galega, un dos casos máis rechamantes das preferentes.

    Gústame

  2. Algunos deberíais volver a la escuela para adquirir algo más de comprensión. Sirve para saber lo que se quiere decir, y evita pensar que se dice siempre aquello que quieres oir, porque algunos estéis a la que salta, y si no salta, la hacéis saltar. Y en este caso no, no salta.

    Gústame

    1. No son, non. Son unha persoa que non ten na cabeza una idea que necesite de ideas contrarias constantemente para seren rebatidas, quizais por iso entendo o que quixo decir e non o que eu quixera que houbera dito.

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s