A imaxe que vedes ao lado é a contracapa do boletín que Anova de Teo enviou ás casas do concello. Supoño que saberedes que o alcalde deste concello limítrofe coa capital de Galiza é Martiño Noriega, coordinador de Anova, que goberna por maioría (non absoluta) logo de abandonar o BNG en 2012.
Mais, se ollamos a citada imaxe veredes que non está de todo claro que efectivamente a organización liderada por Beiras goberne este concello. A composición é máis propia de “Benito Soto Troleada Dobao” que dunha organización que supostamente goberna un concello.
Se teñen claro que “o altavoz do cura” ou a “seguridade cidadá” ou as “bombas de palenque“, por citar uns exemplos, son problemas importantes que se deben resolver, por que non o fan? Se o teñen tan claro, só é cuestión de poñerse man á obra, porque, sinceramente, semella que Anova Teo está a facer a oposición ao seu propio goberno; por certo, un goberno tránsfuga, como todas e todos sabedes.
hahahahaha… pero que inútiles.
GústameGústame