O sistema de voto electrónico de Podemos é unha farsa e unha fraude

Non é a primeira vez que me pronuncio en contra do voto electrónico e dos perigos que ten para a calidade democrática dun pobo ou mesmo dunha organización política como é caso que vou tratar a continuación.

Facer o reconto dos votos despois dunha votación debe ser un proceso público e auditábel por calquera persoa que ten que ter por única habilidade saber contar. Simplemente! Non necesita saber máis nada. Porén, o voto electrónico, deixando á marxe a pericia que teña unha persoa para utilizar trebellos electrónicos, non é auditábel por calquera, temos que confiar nunha terceira persoa, sexa institución ou empresa, que nos confirma que o proceso de voto electrónico, así como o reconto, se fai correctamente e sen trampas para beneficiar a unha ou outra candidatura.

A organización política Podemos é a pioneira no uso do voto electrónico no marco do seu proceso de constitución como partido. Como forza emerxente que é, a chamada á “inscrición” para a súa “asemblea constituínte” tivo un éxito sen precedentes, máis de 150.000 inscritos, que tiveron que completar un sinxelo formulario onde só tiñan que indicar os seus datos persoais, entre eles dous datos fundamentais, o número do documento de identidade e un teléfono móbil, ao que enviaban un código para validar a inscrición. Supostamente tanto o número do carné como o teléfono móbil tiñan que ser únicos, mais unha cousa é a teoría e outra a práctica, e as queixas e protestas non deixan de sucederse na “Plaza Podemos”, o foro de debate desta organización política.

Todos sabemos que o número do carné de identidade é único, pero no formulario de inscrición nada che impide escribir calquera outro número diferente ao que nos asigna o Ministerio de Interior, en internet hai centos de páxinas que nos calculan a letra do carné a partir dos números que queiramos. E xa non digamos o número de móbil, por internet abundan os servizos virtuais de telefonía móbil para recibir o SMS que valida a inscrición en Podemos. Vamos, unha chapuza!

Daquela, deixando á marxe as persoas de boa vontade que simpatizan con Podemos e queren participar na asemblea constituínte, cantos dos 150.000 inscritos son verdadeiros? E o que é peor, cantos destes falsos inscritos o fan para demostrar que isto do voto electrónico de Podemos é unha farsa e cantos, -e isto é o importante-, o fan para condicionar os resultados das votacións?

Diredes que son un desconfiado, que non hai xente con mala intención. Ben, cada quen coa súa inxenuidade, pero se inflamos fraudulentamente os nosos seguidores de Twitter, porque non asegurarse os resultados das votacións que máis me conveñan?

Como dixen ao principio, o voto debe ser auditábel por calquera persoa, só necesita saber contar. Porén, este sistema de voto electrónico de Podemos, xa non é que non sexa auditábel por alguén que teña coñecementos, é unha farsa e un “tongo” ao servizo de que sabe que intereses.

Unha opinión sobre “O sistema de voto electrónico de Podemos é unha farsa e unha fraude

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.