Pero onde están as diferenzas entre Anova e Cerna?

Para explicar a escisión de Anova, efectivizada hoxe luns, habería que remontarse a febreiro deste mesmo ano, cando Beiras, portavoz da formación, inclinou a balanza cara Izquierda Unida como aliado para as eleccións Europeas deste mesmo ano. En realidade a outra opción, a de “que Anova conforme unha coalición con forzas políticas da esquerda nacionalista das nacións sen estado e/ou plataformas cívico-políticas de esquerda e rupturistas”, podía interpretarse de moitas formas, polo que as diferenzas daquela non eran políticas, senón doutra caste, seguramente de egos, é dicir, persoais.

O mesmo ocorre hoxe. As presuntas diferenzas políticas non son tal, de feito, tanto Anova como Cerna, nome do grupo escindido, avogan por diluírse en candidaturas cidadás, mareas ou outro tipo de organización sen distintivo ideolóxico claro.

Mais a decisión de Beiras, que foi determinante para que a opción de Izquierda Unida saíra vencedora, non só marcou un punto de inflexión na organización, senón que puxo fin a unhas relacións persoais de máis de trinta anos, especialmente con Mario López Rico e “Palleiro”, que foron os seus fieis escudeiros desde aquela até febreiro deste ano, e de cuxas relacións sacou proveito o da Reboraina ao longo de todos estes anos.

Así, a decisión que tomou hoxe unha parte de Anova, non está influenciada por diferenzas políticas irreconciliábeis, -as diferenzas neste eido son insignificantes-, senón persoais, que como toda parella de feito rematan hoxe co acordo dos seus acólitos.

É o que teñen os liderados mesiánicos, que un día levántanse e procuran outros profetas que lle biquen a man.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.