AGE e o que dan de si os experimentos con gaseosa

AGE, a Alternativa Galega de Esquerdas, irrompeu nas eleccións galegas de 2012 como un ciclón. Do cero absoluto, pasaron a nove deputados. Toda unha revelación e un feito inédito na política galega nunha organización que até setembro dese ano non conformou a súa candidatura.

Era novos na política, exceptuando obviamente o seu mascarón de proa, Xosé Manuel Beiras, con máis de vinte anos no Parlamento Galego. Catalizaron a indignación nun contexto socio-político adverso para as formacións políticas “tradicionais”, e axudados por determinados medios de comunicación privados que viron a oportunidade de, por unha banda, acurralar ao BNG e cortarlle as ás, e por outra dispersar o voto das alternativas, o que permitiu que o PP, malia baixar 127 mil votos, pasou de 38 a 41 deputados. Todo un éxito da estratexia política do PP!

É evidente que o éxito de AGE nas eleccións de 2012 non se entendería sen a participación de Beiras, é o seu principal activo, mais tamén é o seu talón de aquiles, xa que dubido moito que con 80 anos se presente para as eleccións de 2016. Pero vendo o que está a ocorrer agora mesmo no panorama estatal, cómpre destacar tamén o papel de Pablo Iglesias, o líder de Podemos, que veu de Madrid para dirixir a campaña electoral de AGE, utilizando, como agora, a ambigüidade como estratexia principal, xogando daquela a un somos nacionalistas “ma non troppo”, que lle deu resultados.

Froito desta estratexia chega de xesto, como o de asinar un código ético-político que agora é papel mollado, o electorado veu en AGE o “aire fresco” na política galega, pero dous anos máis tarde acaban sendo do máis rancio que viron estes lares, logo de que dúas dos seus deputados pasaran ao grupo mixto aducindo motivos diversos; a primeira, Carme Iglesias (de Esquerda Unida), logo de varios meses de espectáculo mediático pelexando por unha acta, e a segunda Chelo Martínez (de Anova), logo de abandonar a formación política na que militaba.

Isto é o que dá de si os experimentos con gaseosa, o de xuntar persoas e organizacións con ideoloxías dispares, cun programa ambiguo e disparatado, algo a ter en conta agora que afloran as mareas e os gañemos e os podemos por toda a parte.

3 opiniones sobre “AGE e o que dan de si os experimentos con gaseosa

  1. Las complicaciones vasculares son asociadas precisamente con los AGE, formados lentamente durante meses y a os sobre las prote nas estructurales de vida media larga por ejemplo, col geno y lente cristalino, antes de que se observen sus efectos acumulativos.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.