Nin monarquía nin república, é dicir, monarquía

Dos produtores de nin de esquerdas nin de dereitas chega agora nin monarquía nin república, é dicir, monarquía.

Xa o dicía Aurelio Lopes nun artigo escrito en Sermos Galiza, a Podemos iralle ben mentres non se meta nas pozas, isto é, mentres se manteña na indefinición sobre determinados temas clave e conflitivos sociais e políticos.

Así, para non molestar a ninguén e para ampliar a súa base electoral, decláranse nin de esquerdas nin de dereitas, ocupando a centralidade do taboleiro político como dixo Pablo Iglesias Turrión hai unhas semanas, precisamente no terreo onde se moven tanto PP como o PSOE, que é onde está a maior parte do caladeiro dos votos.

Tamén din que respectan o dereito a decidir dos pobos, mais logo esquivan pronunciarse claramente a favor ou en contra da consulta soberanista catalá manténdose na indefinición máis vergoñenta.

E claro, tendo en conta que non son de dereitas nin de esquerdas, Podemos aínda non ten definido se se declaran republicanos (españois, evidentemente) ou monárquicos. Así o vén de afirmar Monedero, o segundo de Pablo Iglesias en Podemos, ao xornal La Voz de Galicia esta fin de semana. Desde logo se non o fixeron hai dúas semanas na asemblea de constitución de Podemos, menos o fan facer a partir de agora.

Resulta curioso que unha organización que di que loita contra a “casta”, non o faga contra a monarquía, unha institución onde a pertenza á familia é merecedora de todo tipo de privilexios, evidentemente incluída a herdanza da coroa, que pasa de pai a fillo. A monarquía é ou non “casta”? Está claro que si, mais…

Queda claro unha vez máis que Podemos non se creou para cambiar o statu quo no Estado español, creouse para cambiar unha casta por outra e para crear un novo bipartidismo, dentro do actual marco de monarquía parlamentaria. E que xa se sabe, algo ten que cambiar para que todo siga igual.

2 opiniones sobre “Nin monarquía nin república, é dicir, monarquía

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.