Enquisa do CIS: sobe o españolismo, baixa Galiza

O que reflicte a enquisa do CIS, non é a baixada do bipartidismo, senón a subida do españolismo, que cabalga ás súas anchas por Galiza adiante, e ameaza con arrasalo todo. Se xa estaba perfectamente instalado na nosa Terra, pero tocado polos casos de corrupción dos dous grandes partidos estatais, PP e PSOE, o españolismo atopa agora en Podemos unha nova vía coa que seguir afondando na españolización de Galiza e na minimización do noso país como suxeito político. O feito de que o BNG baixe unha décima a respecto do inquérito anterior, é a confirmación de que Galiza está empeñada camiñar cara a irrelevancia política a nivel estatal, nun contexto no que se vai poñer enriba da mesa unha nova modificación da Constitución, con todo o que iso implica para o noso país.

Como galegas e como galegos temos a responsabilidade histórica de manternos a flote, de sacar aínda que sexa a cabeza para que dicir, “somos o pobo galego, aquí estou, estou vivo”, ou deixarnos levar definitivamente pola marea, que non deixará praias cheas de vida, como acontece nas nosas costas, senón máis miseria, política e económica. Na nosa man está!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.