Así cociñan Esquerda Unida e Anova as Mareas cidadás

O documento gráfico que podes ver a continuación correu onte como a pólvora polas redes sociais. Trátase dun correo electrónico dun representante de Anova Vigo enviado a un grupo de debate desta organización, no que explica os pasos a dar para controlar e organizar as Mareas, neste caso a desta cidade, sen que se note a man dos seus promotores políticos, isto é, Anova e Esquerda Unida.

O documento é tan claro que non necesita moitas explicacións. Nel, Anova e Esquerda Unida queren, por exemplo, contar con Podemos, pero sen que ocupen os postos de saída, cousa para a que xa teñen unha solución. Teñen tamén organizado como e cando AGE e Anova teñen que saír publicamente apoiando as Mareas e, sobre todo, quen e cando se ten que postular para as listas, para o que se propón unha serie de nomes. Todo moi espontáneo, como se pode observar.

Moitos xa intuíamos como se conformaban e organizaban este tipo de movementos sociais, mais non tiñamos a proba que o demostraba. As Mareas poden seguir vendéndose como apolíticas; como nin de esquerdas nin de dereitas; como que son aire fresco apartidario; como “unha iniciativa de individuos, non unha fronte de organizacións, que se quere liberar dos grillóns da vella política e baseada no protagonismo da xente”; mais este documento demostra que son todo o contrario, coa agravante de que están enganando a persoas que de boa fe se está a unir a este tipo de movementos.

Nota: a imaxe colgouna onte Benito Soto Troleada Dobao no seu Facebook para posteriormente eliminala polas graves ameazas recibidas. Hoxe a imaxe voltou aparecer colgada nun servidor de imaxes da internet, que é o que estades a ver a continuación.

Image and video hosting by TinyPic

3 thoughts on “Así cociñan Esquerda Unida e Anova as Mareas cidadás

    1. Confeso que busquei con presa. Agora con algo máis de vagar atopei unha nova imaxe, e do noso país.
      Bajamar

      Por certo, se buscas en Google “mareas galicia” aparecen fotos de mareas vermellas e a do Prestige. Curioso!
      Saúdos.

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s