Catalunya dá un paso adiante, Galiza un paso cara atrás

A sacro-santa Constitución Española determina que hai tres nacionalidades históricas, Galiza, Catalunya e Euskal Herría, que en teoría teñen un status diferente a respecto das outras comunicades autónomas. Esa é a teoría, na práctica, esta pequen a listaxe redúcese ás dúas últimas, que si teñen e manifestaron a vontade de ser diferentes. No caso de Euskal Herría, xa contan desde o inicio da democracia con competencias e un status fiscal especial. No caso de Catalunya, modificaron o Estatuto, refrendado pola maioría da súa cidadanía, pero limado pola intransixencia da “democracia” española, que non respecta a votade emanada do Parlamente e ratificada nas urnas.

Mais onte Catalunya deu un paso máis, -enorme diría eu-, non sei se cara a independencia, pero si para decidir por si mesmos o seu futuro. Máis de dous millóns de persoas así o acreditaron acudindo a un proceso participativo, que non ten validez legal, pero si un peso político moi importante, precisamente pola alta participación no mesmo, que obrigará ao Goberno español a dar pasos no mesmo sentido que o pobo Catalán se non queren que a situación se lle vaia das mans.

Mais o que a min me preocupa xa non é Catalunya, senón Galiza. Quedámonos atrás. Seguramente terán que pasar máis anos para que nos decatemos do que puido significar para Galiza que o bipartito, que nos gobernou de 2005 a 2009, tivera continuidade. Nese corto período de tempo si houbo algún xesto político por parte do Goberno da Xunta que ía no sentido de dar algún paso máis, aínda que fora tímido, como o intento de reformar o Estatuto. Hoxe xa todos e todas sabemos, que se houbo algún paso foi para atrás da man dun goberno do Partido Popular, que ten como obxectivo aniquilar Galiza como suxeito político, que se traducirá en maior dependencia e submisión ao Estado, é dicir, en miseria e emigración.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.