Podemos non só sobe nas enquisas, tamén en número de asesores a conta do erario público

Hai menos dun mes escribín unha entrada neste blog para dar conta do número de asesores de Podemos pagados polo Parlamento Europeo. Daquela informaba que esta nova organización contaba con 21 asesores. Pois ben, a día de hoxe Podemos conta con 25 asesores a conta do erario público, distribuído do seguinte xeito: Teresa Rodríguez-Rubio ten 6 (=) asesores, Pablo Iglesias 5 (=) , Lola Sánchez Caldentey 5 (=) , Pablo Echenique 4 (+1), e Tania González 1 (+3) asesores ; sae unha media de 5 asesores por eurodeputado/a, todo un record, para unha organización política que ten entre as súas prioridades a rexeneración política no Estado e que está a denunciar, día si e día tamén, os “privilexios da casta”.

O que é evidente é que canto máis sobe Podemos nas enquisas máis aumenta o número de asesores sen que iso teña menor custe político para esta organización -se foran outros, a que se montaría! Será porque esta información só a ves neste humilde blog, e non aparece nas grandes canles de televisión nin nos xornais que tratan con sumo cariño a esta nova formación política. Por algo será!

Volvo a insistir que isto non é unha critica ás liberacións políticas a cargo do erario público, todo deputado e toda deputada necesita axuda para desenvolver o seu traballo. Pero unha cousa é facer uso e outra facer abuso dos recursos públicos por parte dunha organización que nos seus principios éticos aprobados recentemente di que “renuncia a calquera privilexio xurídico ou material derivado de forma directa da condición de representante” público. Podemos empeza con 5 asesores para cada eurodeputado, e de aí facer viaxes de pracer a Tenerife a conta de todas todos, vai un pequeno treito. E logo queixarémonos, claro!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.