O fútbol non se toca

Se algo aprenderon os de Podemos nesta última semana é que o fútbol, o deporte rei no Estado español, é intocábel, e iso que é precisamente neste sector é onde hai máis corrupción, máis favoritismo, que non só afecta a xogadores, senón a xornalistas e a todo o que se move ao seu redor; onde hai máis despilfarro a costa do erario público, en definitiva, onde hai máis casta.

O Círculo de Deportes desta formación política propuxo unha serie de medidas que non gustaron á “casta” futboleira. Unha das propostas é a limitación do salario máximo dos xogadores de fútbol, unha proposta lóxica se temos en conta que Podemos quere limitar os salarios máximos dos directivos (é de supoñer, porque, como case sempre, non especifican a quen afectaría).

Logo da polémica que se levantou, sobre todo na prensa deportiva, Íñigo Errejón aclarou onte que esas non son as propostas de Podemos, polo que se deduce que esta formación non está pola limitación dos salarios dos futbolistas, unha casta privilexiada que en moitos casos perciben os seus espectaculares salarios a costa de que os clubes deixen de pagar á Seguridade Social e á facenda pública. Iso sen mencionar os agasallos e as prebendas que determinadas marcas comerciais fan a algúns xogadores, non todos, evidentemente, que para isto tamén á castas.

En resumo, que o discurso da “casta” que vale para todo, atópase coas primeiras contradicións cando se fala do deporte rei. O fútbol non se toca, malia que é un dos sectores onde si fai falta un cambio e en profundidade.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.