Pablo Iglesias, con pólvora e magnolias

Pablo Iglesias, o secretario xeral de Podemos, debe pensar que non ten pasado. Debe pensar que politicamente naceu hai tres ou seis meses e que calquera cousa que diga é unha novidade para el e para os seus seguidores, fans, inscritos ou como sexa que se chamen.

Entre onte e hoxe moitos medios de comunicación fixéronse eco do discurso do Papa, Francisco I, na sede do Parlamento Europeo. Boa parte dos eurodeputados asistiron a tan inédita cita, tamén os de Podemos, que non só se limitaron a compartir fotos do evento, senón que, como Pablo Iglesias, aplaudiron -en todos os sentidos- o discurso do xefe da Igrexa católica, o único xefe de estado de Europa que non é elixido democraticamente, o que chama asasinas ás mulleres que deciden abortar.

Pero mira ti por onde o Pablo Iglesias, que onte aplaudiu o discurso papal, en marzo de 2013, recordáballe o seu pasado arxentino e a súa connivencia coa ditadura militar dese país.

E o que son as cousas. Vincenç Navarro pasou de “caradura” que “que traballou a soldo do Partido Demócrata (americano)”, a ser hoxe un dos intelectuais de referencia de Podemos; tanto é así, que este “caradura” está a axudar co programa económico desta formación política.

O falar non ten cancelas, pero cando pensamos que o dito queda atrás, que as palabras lévaas o vento, estas volven para recordar o oportunistas, o hipócritas e o demagóxicas que poden chegar a ser determinadas persoas por unha ducia de votos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.