O programa económico de Podemos non descubre a pólvora

polvoraOnte a organización Podemos presentou as bases do seu programa económico redactado polos economistas Juan Torres e Vincenç Navarro. Sinceramente, e logo dunha ollada rápida ao documento de 68 páxinas a conclusión é que non descobren a pólvora, propostas como as que debulla podemos ao longo do documento xa foron feitas por outras organizacións políticas, mesmo no nacionalismo galego. O único que cambia, é, sobre todo a respecto do BNG, é a atención mediática que suscitou esta presentación, polo demais nada novo baixo o sol.

Unha das súas propostas estrelas, a da conversión do ICO en banco público para que poida recorrer ao financiamento do Banco Central Europeo xa é un feito, en 2012 recibiu 20.000 millóns do BCE e onte mesmo o instituto público de crédito anunciaba que non descartaba volver a solicitar máis financiamento de Europa.

No documento Podemos tamén analiza o Euro e como controlar a política monetaria, conscientes de que o Estado español non ten esa vantaxe que si teñen outros países soberanos con moeda propia. Porén, a solución que propoñen é buscar un acordo con outros países para cambiar esa política, e iso é todo; non se cuestiona en absoluto a conveniencia ou non de seguir no Euro, que esta si sería unha proposta novidosa.

Tampouco se fala para nada das nacionalizacións dos sectores estratéxicos, que si anunciaban no seu programa electoral das Europeas. Neste sentido é curiosa a evolución desta organización: pasan de pedir a nacionalización das eléctricas, a “si se pode si”, para rematar en obviar este tema por completo, e todo en cuestión de meses e sen pasar por goberno algún.

No único que si podo coincidir é no diagnóstico, a situación económica é límite, máxime nunha nación como a galega, cuns sectores produtivos en estado agónico por mor das políticas da Unión Europea e o Estado español. Mais ante unha situación estrema cómpre solucións de esquerda e non unha volta á socialdemocracia, que nos levou precisamente onde estamos agora mesmo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.