Jimmy, o asasinado criminalizado

Riazor BluesLogo de ver o tratamento dos medios de comunicación españois sobre asasinato de Jimmy calquera persoa pode pensar que merecía o que lle pasou. Merecía que lle deran duro nesa cabeza con mentalidade de neno de 12 anos. Merecía ser asasinado, porque era un galego cun pasado cheo de altercados coa policía. Era unha carga para a sociedade. En definitiva, non era unha persoa normal, non hai máis que mirarlle para a cara, Jimmy non merecía a suspensión do partido entre o Deportivo e o Atlético de Madrid ou un minuto de silencio.

É curioso como todos os medios de comunicación estatais, e algún que outro galego, saíron todos a unha a estigmatizar á vítima por unha banda, no canto de criminalizar o asasino, que a día de hoxe aínda non está detido -por certo!- e ao grupo no que se ampara, o “Frente Atlético”; e por outra equipararon vítima e verdugo afirmando sen probas que ambos os dous grupos quedaran para darse de hostias antes do partido, un xeito como outro calquera de combater o frío madrileño. En resumo, que non se pode visualizar é que hai un fascismo centralista fóra de control.

Este tratamento é moi distinto ao que lle deron no seu día a Aitor Zabaleta, afeccionado da Real Sociedad, asasinado tamén por un fascista do “Frente Atlántico”. Pero por que este tratamento tan dispar? Pois porque Jimmy era dos Riazor Blues, un colectivo supostamente de esquerda radical, que fai campañas de recollida de alimentos, e que exhibe bandeiras nacionalistas galegas. Porén, Zabaleta era un simple afeccionado que ía coa súa noiva a ver o partido.

Eu non sei se Jimmy e Aitor eran boas ou malas persoas, mais os medios de comunicación si que o teñen claro. O único certo é que ambos morreron asasinados por un fascista fanático do fútbol pertencente a un grupo que exhibe día si e día tamén símbolos nazis e fascistas prohibidos no Estado español, símbolos de odio e intolerancia, sen que iso tivera o máis mínimo castigo, mentres si se reprime con dureza calquera protesta social e se crimininaliza o nacionalismo galego.

Por certo, se o afeccionado do Deportivo fora o asasino no canto do asasinado, podedes estar seguros de que a estas alturas os Riazor Blues estarían ilegalizados e disoltos e a bandeira da Patria Galega que exhibían en todos os partidos sería ilegal. Que non?

4 opiniones sobre “Jimmy, o asasinado criminalizado

  1. No teu artigo tes as respostas as túas preguntas. Zabaleta foi ver un partido e Jimmy foi o que foi. Claro que se equipara asasino a asasinado porque son o mesmo tipo de xente, e palmou un como podía palmar outro. Recolliga de alimentos?, iso tamén o fan os grupos neonazis para gañar adeptos. Un engañabobos. Dame igual que fosen dos Riazor Blues, Frente Atletico ou Peña Villaarriba… os que buscan pelexa non me dan pena ningunha.

    Gústame

    1. E ti sabes que “foi ao que foi” porque tiveches aceso ao sumario (baixo segredo) ou porque tiras máis de ser a pitonisa Lola? Deixadevos de contos, non se pode comparar asasinado e asasino, fascistas e antifascistas. O que aconteceu é violencia política, igual que violencia política é a que levan a cabo os grupos de extrema dereita en Madrid contra “rojos”, mendigos, migrantes ou homosexuais. Os Blues teñen cousas boas e malas, como toda agrupación ou asociación, mais o que está claro é que a súa ideoloxía de esquerdas fai que mostren unha sensibilidade e un respeto cara os mínimos dereitos humanos e esa é a clave do asasinato. Proba a ser “rojo”, negro ou homosexual e entrar nun bar do Frente Atlético e a entrar nun bar dos Blues… a ver se hai ou non diferencia

      #EuApoioAosRiazorBlues

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.