Beiras e Anova queren cambiar de cabalo

Cambiando de cabaloNas películas ambientadas no oeste americano cantas veces vistes ao xinete cambiar de cabalo, mesmo en carreira, para zafarse dos seus perseguidores ou mesmo para alcanzar ao bo da película? Centos de veces, seguramente! Pois iso é o que van facer Beiras e os seus de aquí a poucos meses ou polo menos iso é o que se desprende da entrevista que lle fan ao da Reboraina no Faro de Vigo.

Subíronse ao cabalo de Esquerda Unida para alcanzar a meta do Parlamento Galego e o Parlamento Europeo, e polo que se ve Beiras e Anova non descartan mesmo integrarse nunha candidatura conxunta con Podemos, quen sabe se para ser ministro ou algún alto cargo dun goberno comandado por Pablo Iglesias. Quen sabe, todo pode ser!

O que si está claro é que o cabalo de Esquerda Unida xa está canso, xa non te folgos suficientes e por iso cómpre ter unha nova cabalgadura, máis fresca, con máis tirón, unha cabalgadura con coleta, que é o que mola nestas alturas.

Unha opinión sobre “Beiras e Anova queren cambiar de cabalo

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.