Un garda civil e un militar presuntos asasinos de Jimmy. Agora enténdese todo!

fascistasOs presuntos asasinos de Jimmy, o afeccionado do Deportivo, asasinado en Madrid, forman parte das cloacas do exército, dunha das máis altas institucións do Estado, da forza que salvagarda a sacrosanta unidade de España, a institución mellor valorada pola cidadanía, que manda truco!

Os presuntos asasinos de Jimmy non pertencen a familias desestruturadas, tampouco están no paro, e non son “lumpen” como dixo o outro. Son funcionarios do Estado español.

Así é España, sempre defende aos seus. Agora enténdese porqué criminalizaron a vítima desde un principio, equiparándoa cos seus presuntos verdugos. Non podía visualizarse que os presuntos asasinos de Jimmy son militares en activo. Non podía visualizarse que estes fascistas da “Frente Atlético”mataron a un galego en Madrid, pai dun cativo de poucos anos. Non. A vítima tiña que case merecelo, buscouno, quedaran para pegarse -dixeron-, malia que non hai nin había nin unha soa proba que corrobore esta afirmación.

En fin. Que é curioso que nunha cidade inzada de cámaras de seguridade tardaran máis de quince días en atopar aos presuntos asasinos. Facía falta tempo suficiente para deixar enfriar o asunto e non poñer o foco sobre a institución que ten entre as súas filas a fascistas. E conseguírono.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.