O galego e o prezo dos repolos

repoloRecordo, hai xa uns anos, nunhas das múltiples manifestacións ás que acudín en defensa da lingua galega, achégaseme unha mulleríña, xa maior, moi de Santiago de Compostela, e preguntoume para que era a manifestación. Obviamente díxenlle que para defender o idioma galego. Ela respondeume que o que tiñamos era que protestar polo elevado prezo dos repolos, que estaban todo moi caros. E é certo, diante das elevadas taxas de paro, e por moito que se empeñe Rajoy e dicir que xa estamos na fase de recuperación, hai cousas máis importantes pola que manifestarse, como esixir do Goberno central e á Unión Europea que deixen de machacar os nosos sectores produtivos básicos, e cambiar o goberno da Xunta para que aplique políticas acorde aos nosos intereses económicos e colectivos no canto de facer xusto ao revés.

Pero por paradoxal que pareza, en moi poucas outras nacións do mundo a cuestión do idioma está tan ligado ás cousas do “comer” como no caso de Galiza, para falarmos en termos aos que se refería a señora á que me referín con anterioridade. Termos unha lingua prestixiada e vigorosa, implicaría termos unha sociedade economicamente máis vital e próspera, porque estariamos poñendo en valor o que somos como pobo e o que producimos, porque, como di o BNG, temos un país de primeira, pero empeñámonos en minusvalorarnos ao tempo que minusvaloramos o noso idioma propio.

Fago esta reflexión, porque acabo de ler en Facebook un comentario de que o galego non dá de comer. Lamentabelmente non se trata só dunha señora maior coas súas teimas, senón que está estendido en amplas capas da poboación que o galego non sirve, que non dá de comer, e canto máis o dicimos, máis nos estamos a empobrecer, economicamente e como pobo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.