2015 empeza con peches masivos de webs e blogs por mor da LPI do PP

A inauguración do novo ano 2015 trouxo unha novidade, non anunciada nos grandes medios de comunicación, pero que ten consecuencias para todos os que navegamos pola rede, e sobre todo, para os que temos blogs ou páxinas na internet.

O día 1 de xaneiro entrou en vigor da Lei de Propiedade Intelectual aprobada polo PP o ano pasado, a partir dese día pecharon un número importante de páxinas de ligazóns de contidos protexidos, na súa meirande parte de películas. Ese era o obxectivo que disque perseguía esta lei aprobada a instancias dos lobbies de Hollywood e da asociación AEDE, que agrupa a boa parte dos medios de comunicación do Estado español.

Mais esta lei non só pechou páxinas de descargas, senón outras como por exemplo Planeta Ubuntu, que funcionaba como un agregador de contidos, mellor dito, de información desta distribución de Línux e que eu seguía e visitaba case a diario para estar ao tanto das últimas novidades e programas, na súa meirande parte con licenza libre.

E por que pecharon? Pois no caso de Planeta Ubuntu, porque ligaban contido, -información-, protexido ou non, e segundo a lei podían reclamar o pago dun canon, -o famoso canon AEDE-, malia que a web non tivera publicidade nin ánimo de lucro. En resumo, que o PP considera que Planeta Ubuntu ou calquera outro blog son o mesmo que Google News.

Haberá que agardar para ver cal é o alcance desta lei, mais a cousa non pinta nada ben para a liberdade de expresión e para a cultura en xeral. E no que a este humilde blog respecta, o PP non me vai pechar, e tampouco penso mudar o xeito que teño de levalo, de facelo gañarían eles.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.