La Sexta manipula con malicia

La Sexta é a canle de televisión de moda entre os progresistas e persoas de esquerdas, basicamente porque este medio de comunicación ofrécelles o que estes queren oír e ver, que resumido en poucas palabras é caña ao PP e a Mariano Rajoy.

Foi neste medio, e concretamente no programa “La Sexta Noche”, onde se deu a coñecer ás masas Pablo Iglesias, o secretario xeral de Podemos, que estivo convidado en diversas ocasións, mesmo en plena campaña electoral das Europeas, oportunidade que non tiveron (nin teñen) as outras forzas políticas minoritarias, como o BNG, ERC el EH-Bildu.

Como dixen, este medio de comunicación goza dunha envexábel reputación entre as capas de poboación máis progresistas, fronte a outras canles, por exemplo as públicas, ás que se lles acusa de manipulación por parte do PP. Non vou negar este extremo, é certo que a CRTVG está manipulada, o mesmo que a TVE. Os seus informativos son auténticos NO-DO’s do poder, neste caso do PP, onde se magnifican os erros dos demais, mentres desaparecen e se minusvaloran os erros do partido de goberno.

Porén, todos os medios manipulan, mesmo La Sexta. O sábado pasado, dando os datos do Euskobarómetro escondeu deliberadamente os datos desta enquisa referidos a Bildu, poñendo no seu sitio ao PSOE, que obtería unha porcentaxe moito máis baixa.

Algúns dirán que foi un erro, mais nada máis lonxe, a intención era clara: reflectir que a única alternativa ao PNV-EAJ era Podemos, non Bildu, segunda forza política nas Europeas en Euskal Herría. E non é a primeira vez que La Sexta manipula noticias, algunhas tan delirantes como cando anunciaron que a Venezuela de Hugo Chávez preparaba unha guerra en América do Sur.

Así que, se es dos que miran La Sexta que saibas que tamén menten, unha mentira que é se cabe máis perigosa, porque primeiro non sabes quen che mente, sendo habitual nos medios de comunicación privados formar parte dun entramado opaco de empresas que defenden os seus intereses. E segundo, porque che menten abusando da confianza que tes depositado nese medio de comunicación.

Eu desde logo téñoo claro. Xa non miro moito a televisión, pero para informarme só a televisión pública (CRTVG e TVE), xa sei que me menten, pero polo menos sei quen o fai.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s