O que está en perigo é a NOSA liberdade de expresión

Despois dos terríbeis asasinatos no semanario Charlie Hebdo todos os medios de comunicación e todas as xefaturas políticas de Occidente fixeron un canto á liberdade de expresión como algo sagrado en toda democracia que se precie. E é certo…

Pero o que está realmente en perigo é a nosa liberdade de expresión, a liberdade de expresión da clase traballadora, do pobo. Sen ir máis lonxe, e salvando as distancias, hoxe mesmo sabemos que hai cinco militantes do BNG, que exercendo a súa liberdade de expresión o pasado 24 de agosto nunha protesta contra Merkel e Rajoy en Santiago de Compostela, terán que dar contas perante a xustiza. Calquera que levante a voz contra o poder fica illado e ignorado polos medios do réxime, isto por unha banda, e por outra, aplícaselle todo o peso da lei, feita a medida para acalar e criminalizar todo tipo de protestas contra o poder, contra o statu quo.

A liberdade de expresión do poder está totalmente garantida polo oligopolio dos medios de comunicación, que todos a unha, espallan urbi et orbi a mesma mensaxe unha e mil veces, até forzar as nosas ideas nunha mesma dirección.

Unha opinión sobre “O que está en perigo é a NOSA liberdade de expresión

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.