Charlie Hebdo, o día despois

O atentado do Charlie Hebdo, perpetrado presuntamente por terroristas islámicos, -en realidade presuntamente non, porque confesaron en vídeo a súa pertenza a grupos xihadistas, e mesmo deixaron os documentos de identidade ao alcance da policía, non fora ser que non quedara clara a autoría-. Ben, dicía que o atentado do Charlie Hebdo, ao igual que o 11S marcará un antes e despois en Occidente, especialmente en Europa.

As declaracións de Hollande e outros mandatarios occidentais após o atentado non deixan lugar a dúbidas, redobraranse as campañas contra o terrorismo islámico, un terrorismo que Occidente financiou e adestrou -cómpre dicilo alto e claro-, e xa sabemos todos en que se traduce iso. Pero esta loita contra o terrorismo non só terá consecuencias alén das nosas tranquilas fronteiras, senón tamén dentro do territorio europeo.

Ao tempo que se propaga o medo entre a poboación, recortaranse dereitos e a nosa privacidade deixará de sela para unha boa causa, combater o terrorismo, sen nos decatar que iso será a escusa perfecta para que o poder teña un maior control sobre a cidadanía. E o peor é que todo isto farase con beneplácito e o aplauso de amplas campas da poboación.

Por outra parte, o atentado tamén terá consecuencias en Francia de índole interna. Teño a sospeita que este acto terrorista veulle moi ben a Hollande, moi desacreditado por mor das súas políticas conservadoras. Pronto se verá nas enquisas dos próximos días e semanas, mais é moi probábel un repunte na súa popularidade, ao tempo que baixa Jean Marie Le Pen, da Front Nacional (FN), a grande prexudicada colateral deste terríbel atentado. De todos os xeitos xa se verá.

2 opiniones sobre “Charlie Hebdo, o día despois

    1. Ten en conta que o partido de Le Pen foi “apartado” sutilmente da manifestación unitaria do pasado domingo, que foi multitudinaria. De todos os xeitos podo estar equivocado. Xa se verá.

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.