Pero non quedaramos que a liberdade de expresión era sagrada?

libertad-de-expresionPois vai ser que esa liberdade non é para todos. Que llo pregunten ao humorista francés Dieudonné, que onte pasou a disposición xudicial logo de colgar en Facebook unha mensaxe na que afirmaba que se sentía como Charlie Coulibaly, un dos terroristas que sementou o pánico e a morte a pasada semana en París. Parece ser que este humorista tamén está investigado tamén por terrorismo porque tivo a ocorrencia de facer un vídeo comparando a morte de James Foley, asasinado polo Estado Islámico, coas de Gadafi, para maior satisfacción de Hillary Clinton, e Sadam Hussein, que como todos sabemos o primeiro morreu linchado e o segundo aforcado.

E que xa o dicía o outro día, a liberdade de expresión non é para todos. Mentres non pases a liña vermella que marca o poder todo vai, agora que como a pases… e todo co aplauso da maior parte da cidadanía, que coa escusa da loita contra o terrorismo, un terrorismo creado polo propio Sistema, está cada día máis presa deste.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.