Non é secundario que a educación pública sexa en castelán ou galego

O idioma é o amor,
o latexo, a verdade,
a fonte da que agroma
a máis forte irmandade.

Renunciar ao idioma
é ser mudo e morrer.
¡Precisamos a lingua
se queremos vencer!

Claro que non dá igual! Por iso Feijóo leva seis anos lexislando para botar o galego fóra da educación pública, porque que sabe, como españolista profundo que é, que sen a nosa lingua “é ser mudo e morrer”, como dixo Manuel María no seu poema “A Fala”.

Pois da mesma idea é o Pablo Iglesias Turrión, o líder de Podemos, que onte deitaba nunha entrevista en El País, que o importante son os servizos públicos, e que o idioma en que se atende á xente era “algo secundario”.

Pois non señor, non é algo secundario. É capital que o noso idioma, non só estea presente na educación pública, senón que teña un peso determinante. A lingua é o alicerce do noso pobo. Utilizando un símil que empreguei hai algún tempo, son como as pedras da Catedral de Santiago de Compostela, que lle dan forma e lle permiten resistir as inclemencias climatolóxicas. Neste sentido, a nosa lingua é ferramenta que nos permite sermos diferentes culturalmente, e resistir política e economicamente neste mundo global.

Por outra parte, cómpre recordarlle ao señor Iglesias, que o galego é a lingua dos “da abaixo”, do pobo, a ferramenta política que nos permite loitar contra os “de arriba”, os da “casta”, como a el gusta chamarlles, unha “casta” que en Galiza nunca emprega o galego, a lingua pola que moitos mestres e mestras foron represaliados durante a Ditadura e nos primeiros anos de democracia, por que non querían que o galego tivera presenza na educación pública e non fora un tema secundario.

Con todo este discurso de Pablo Iglesias, así como o de Feijóo, atopa adeptos entre os galegos e galegas, seguramente demasiados. Mais non non só entre as capas máis populares, precisamente a que emprega a nosa lingua, senón tamén entre a máis consciente politicamente, que ven en Podemos unha oportunidade de cambio político. Mais se o cambio é isto, daquela imos a peor.

Unha opinión sobre “Non é secundario que a educación pública sexa en castelán ou galego

  1. Dacordo,,,o idioma da casta e esclusivamente o castelan que podriamos chamar xa “castalan”…o cual non quere dicir que todos os que falan castelan sexan casta,,, pero a casta fala exclusivamente castelan e ritualmente galego pra enganar… se os de podemos non cambian e seguen empregando masivamente o castelan teran unha grave contradicion…. o mais probable e que fagan coma todos os da casta e empregen o galego de forma ritual,, sumandose ao engano.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.