Beiras perde o norte definitivamente

Cayo Lara e Xosé Manuel BeirasXosé Manuel Beiras, portavoz de Anova e de AGE, xa non é que diga que Galiza non pode valerse por si mesma, que ten que apoiarse en España para conseguir os seus obxectivos, senón que agora xa non quere que Galiza celebre eleccións en 2016, negándolle toda capacidade de renovar os seus instrumentos políticos, por moi minguantes que estes sexan ou por moi mal utilizados que estes estean por parte do Partido Popular e por parte do seu presidente, Alberto Núñez Feijóo. O voceiro de Anova xustifica este desexo seu, explicitado na entrevista que concedeu onte a ViaV, porque agarda que a quebra democrática que el propugna triunfe nas eleccións xerais de finais de ano.

O grave ao meu entender xa non é renegue de Galiza, senón que lle nega autonomía política para renovar as institucións das que se dotou, supeditando isto a unha axenda estatal que está por ver se se cumpre e sobre todo como se cumpre. Segundo as últimas enquisas a representación dos partidos de ámbito estatal ampliarase notabelmente, en detrimento da representación das organizacións nacionalistas, e isto, será bo para a España centralista, pero como todos sabemos non o é para Galiza.

Este tipo de razoamento de Beiras é consecuencia da deriva política dos últimos anos, nos que abandonou o campo nacionalista para pasarse ao rupturista entregándose completamente aos obxectivos políticos das forzas estatais, sexan Izquierda Unida ou Podemos.

Unha opinión sobre “Beiras perde o norte definitivamente

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.