Un anuncio na SER compara os galegos cun mono “y no veas que acento gallego tenía”

O programa “Anda ya!” dos “Cuarenta principales” emitiu hoxe un anuncio da empresa Vivus ofensivo con todos os galegos e galegas. Esta empresa que se adica aos micropréstamos rápidos, ten un anuncio no grupo de emisoras da Cadena Ser, onde un Lémur, un mono de Madagascar con “acento gallego”, recomenda Vivus para conseguir un destes préstamos.

O desprezo ao pobo galego non ten límites nin é a primeira vez que produce (Rosa Díez, Almodóvar, Aznar, Mario Conde, Cayo Lara,  etc). Hoxe compárannos cun mono mañá a saber con que. A cuestión é que os galegos e galegas, así como o noso acento sempre é motivo de burla por parte dos españois.

Desde a humildade deste blog pido á Cadena Ser que suspenda inmediatamente este anuncio ofensivo, e mesmo diría que racista. E pido á empresa Vivus unha desculpa pública a todo o pobo galego. Estamos orgullos es orgullosas da nosa lingua e do noso acento, pero compararnos cun mono xa supera o límite do tolerábel. Se estás de acordo, menciónaos en Twitter cando compartas esta entrada pedindo a retirada deste anuncio; os usuarios son “@Vibus_spain @la_ser @40andaya @los40_spain“.

Escoita o anuncio ofensivo da empresa Vivus:

 

Farto!!!!
Como dixen non é a primeira vez. Onte mesmo en en “El Intermedio”, nunha serie de entrevistas que fan polo barrio de Salamanca de Madrid, unha entrevistada afirma (arredor do minuto 2) que “Rajoy debería haber sido un poco más contundente con el caso Bárcenas, pero bueno, es gallego”. É certo, que La Sexta non ten culpa do que diga a xente “pija” de Madrid, pero si de emitilo, e sobre todo de facer desta afirmación o titular na súa web.

ACTULIZACIÓN (16:17h.):
Vivus descúlpase e anuncia no twitter que retira o anuncio. Agora xa saben que estamos orgullosos da nosa lingua. Que tomen nota outros, porque non deixaremos que nos humillen.

17 thoughts on “Un anuncio na SER compara os galegos cun mono “y no veas que acento gallego tenía”

      1. ¿Tu de comprensión lectora no vas muy bien, no? Para comenzar no dicen nada de un mono. En todo caso de un lémur.

        Lo único que he dicho es que en el titular dicen que nos comparan con un mono y no es cierto. De hecho no nos comparan con nada pero por lo visto hay quien se siente identificado.

        Yo personalmente no me siento identificado. Es más lo veo una chorrada.

        Gústame

  1. o anuncio en si si é ofensivo e comprendo que o quitaran, pero o de que se fixera titular do que dixo a parva esa penso que foi a posta, se vos dades conta é unha reportaxe de “El intermedio”, e si o puxeron como titular penso que foi para ridiculizar aínda máis o que dixo.

    Gústame

  2. 1.- En ningún momento comparan aos galegos con primates.

    2.- Que alguén se sinta insultado non quere decir que a outra persoa esté insultando.

    3.- é un anuncio coma calquer outro de tipo absurdo.

    4.- fai unha semana estou seguro que moitos dos que escribides aquí fai unha semana rachabades as vestiduras pola libertade de expresión e agora a mínima que nombran o acento galego xa hai que colgalos.

    Gústame

  3. Claro que non podes insultar, pero dime en que momento insulta ese anuncio.

    O exemplo é o de Javier Krahe con cociñar cristos,como cocinar un cristo (Javier Krahe y Enrique Se…: http://youtu.be/fUrGfF8oXy0
    En ningún momento insulta a xente que cree en dios e sin embargo denuncias

    Esto é o mesmo aquí ti ofendicheste, igual que te podes ofender polo video de Krahe, pero en ningún dos dous casos Están insultando a ninguén a diferencia de certos anuncios que enlazaches que si que insultan as mulleres.

    E repito en que momento nos comparan con monos?
    Imaxina que dixera: si un lemur falaba solo que tartamudeaba un pouco.
    Teñen que ofenderse os tartamudos??

    Gústame

    1. Evidentemente o anuncio non está dicindo que sexamos parvos, así, literalmente. No anuncio falan dun ser irracional, un primate, que malia ser unha especie que está moito máis atrás na escala evolutiva cos simios, ten a particularidade de que fala, e faino con acento galego. Pero non conformes con isto, a expresión “y no veas que acento gallego tenía”, non é unha expresión positiva, senón denota negatividade, que non é un acento que lles gusta, en definitiva, que consideran atrasado e pouco moderno. Volve a escoitar o anuncio.

      De todos os xeitos esta é a miña opinión e non tes que estar de acordo con ela. Por outro lado, é curioso que retiraran o anuncio.

      Gústame

  4. Pois eu non creo que estean dicindo nada ofensivo. Como se dixeran “Pues vaya acento inglés que tenía!” non estarían dicindo que os ingleses son lemures. Despois vemos o mítico vídeo do lemur abrindo os ollos a cámara lenta e todos “aaai que riquiño!” A verdade, é que últimamente cada vez que se escribe a palabra “galego” en calquera artigo saltan millóns de críticas por todos lados, por unha cousa ou por outra. Eu pensaba que sabiamos rirnos de nós mesmos cando hai que facelo e que tiñamos sentido do humor, de feito sempre considero que temos máis que o resto da península, pero estou vendo que xa non. E non sei que teñen de malo os monos, creo que son máis intelixentes que os xabaríns por exemplo, e ben orgullosos que estamos todos do noso Xabarín particular, que aínda por riba é un “porco bravo” e fala en galego.

    Gústame

  5. Menuda panda de Flanders estais hechos, joder, ni que hubiesen dicho que todos los gallegos son retrasados, luego se os llenará la boca hablando de libertad de expresión y os ofendeis a la minima, pero de que me extraño, el mundo esta lleno de hipocritas, me dais asco.

    Gústame

  6. A min non me ofenden, a santo de que? tenho acento galego porque son galega, non ia ter acento andaluz. Como poden ofender unhas xentes que se envolven na bandeira de Espanha como si fose unha batamanta e saen nos medios con comentarios que parecen sacados de fai un seculo e por riba se consideran mais listos ca nos?
    Ainda que en vista do lonxe que chegou o anuncinho do nabo….

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s