Contra a imaxe da derrota e a submisión

Alexis TsiprasOnte pola tarde recibín por WhatsApp a imaxe que encabeza esta entrada. Evidentemente Alexis Tsipras non pronunciou estas palabras. Mais esta imaxe reflicte a visión que ten boa parte dos galegos e galegas que asumen que Galiza non é que de valerse por si mesma, de que non temos capacidade de reaxir e de mudar a realidade política do noso país, e ademais empeñámonos en afondar no burato.

Esta imaxe reflicte a visión estereotipada e tópica que tradicionalmente se lle atribúe ao pobo galego, un pobo conservador e atrasado que non está cos tempos políticos que percorren Europa ou o mundo. Mais o certo é que os galegos e galegas, dentro da nos particularidade, non temos -por desgraza- un comportamento político moi diferente ao que teñen no resto do Estado e de Europa.

É certo, que en Galiza goberna unha forza de centro-dereita, mais o Estado español, desde a Transición até hoxe, nunca gobernou unha forza que fixera políticas de esquerdas, malia algunha estar disfrazada de cor vermello. E mesmo algunha forza política que se presenta como rupturista lilá, é simplemente a nova versión da socialdemocracia gatopardiana.

Poucos e poucas saben, por certo, que Pontevedra encabeza a listaxe de provincias onde máis protestas sociais houbo. Poucos e poucas recoñecen que protestas como a protagonizadas polos estafados polas preferentes tivo en Galiza, non só un maior apoio popular, senón que foi referente para o resto do Estado. E que dicir das grandes manifestacións que se producen o primeiro de maio ou nas recentes folgas xerais, que tiveron proporcionalmente en Galiza un apoio superior ao do resto do Estado.

Polo tanto non é certo a visión da Galiza submisa e derrotada que sempre se nos atribúe; hai unha Galiza dinámica que non se resigna e que loita polos seus dereitos. Serán outros, os que asumen este discurso derrotista e os que se entregan á dependencia, os que terán que cambiar o chip.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.