O recambio chegou a Grecia

recambio-pieza-originalHai uns días coñecíase publicamente que o partido Syriza de Alexis Tsipras daba marcha atrás sobre o tema da adopción entre parellas do mesmo sexo. Nun primeiro momento este cambio no seu programa parecía que obedecía á estratexia de moderación de Syriza para abrazar ao electorado máis conservador. Porén, despois das eleccións e sobre todo despois do acordo de goberno alcanzado co partido de extrema dereita ANEL, cabe supoñer que ese pacto xa estaba feito moito antes das eleccións e esas declaracións eran para suavizar e facilitar ese acordo; non hai máis que ver o rápido que se xestou todo despois.

O lóxico sería que unha forza que se chama “esquerda radical”, -Syriza en grego-, pactara co KKE, o partido comunista grego, mais había dúas diferenza insalvábeis: a saída da Unión Europea e do euro propostas polo partido comunista. Nunha forza que se presenta como rupturista e anti-Troika tería no KKE o seu aliado natural, porque rachar coa Troika non é chegar a acordos sobre como se paga a débeda; para rachar coa Troika cómpre saír desa superestrutura que é a Unión Europea e por suposto do euro, únicos xeitos de que un país como Grecia recupere a súa soberanía e o control sobre a súa economía.

Aínda que haberá que agardar ás primeiras decisións de do goberno de Tsipras para facer unha análise máis polo miúdo, a experiencia indica que en Grecia non se votou un cambio, unha ruptura co status quo, senón un recambio dunhas organizacións sistémicas por outras de novo cuño, porque xa se sabe que algo ten que cambiar para que todo siga igual. O sistema non quere cambiar a peza avariada por outra distinta; para que o sistema funcione correctamente necesita unha peza idéntica, pero nova.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.