Merece a pena escoitar o seguinte audio, recopilado case artesanalmente por Troleada Galega. Trátase dun anaco da entrevista que lle fixeron a Xosé Manuel Beiras hai uns días na Cadena Ser. Preguntado pola nula presenza de mulleres no goberno grego de Syriza, o da Reboraina responde do peor xeito que pode facer un político da traxectoria de Beiras. Da súa resposta dedúcese que un home vale para un cargo político porque si, porque o leva nos xenes ou nos xenitais. Unha muller ten que demostralo. Este é o epílogo, o triste epílogo machista dunha traxectoria política de máis de trinta anos, que foi brillante mentres había unha organización detrás.
Ten narices que quen se riu de Lidia Senra e a negou como ser pensante, autónomo, non dependente de outros, veña agora a dicir que Beiras é machista só porque ten mala hostia (e ás veces é maleducado). Manda narices. Que hipócrita es, tío.
GústameGústame
Pois que razón que ten o Beiras…
GústameGústame
todo isto xa estaba dito na desgalipedia, e se non véxase acá:
http://desgalipedia.org/wiki/Xos%C3%A9_Manuel_Beiras
GústameGústame