Sabes por que non lle deron o Goya á película A Esmorga?

A EsmorgaNa gala dos Goya do cine celebrada onte hai un claro gañador, e non é “La Isla Mínima” que acaparou 10 das prezadas estatuas; o gañador indiscutíbel é Warner Bros, a transnacional ianqui que se encarga da súa distribución. Foi unha noite redonda para esta empresa, que tamén se levou o premio á mellor película Iberoamericana da man de “Relatos Salvajes”, producida polos irmáns Almodóvar.

A Waner completou a noite con outra película, “Mortadelo y Filemón contra Jimmy El Cachondo”, que levou o premio á mellor película de animación é ao mellor guión adaptado, que competía coa película A Esmorga de Ignacio Vilar.

Mais as transnacionais ianquis completaron a noite con “Ocho apellidos vascos”, cuxa distribuidora é Universal, que se levou catro Goyas e entre catro e oito millóns pola distribución da exitosa película, ou “El Niño” distribuída Twenty Century Fox, que levou catro, pero considerados premios menores.

Agora xa sabes porque non lle deron o Goya a película baseada no libro de Blanco Amor. Non é porque o guión non estivera ben adaptado nin gaitas, senón porque é froito do traballo dun cineasta incansábel, que tivo a ousadía e a habilidade de colocar nos Goya e nas carteleiras de toda Galiza unha película feita no noso país e en Galego, nun mundo dominado polas transnacionais ianquis.

Así que, ser finalistas pode saber a pouco, pero é un gran premio tendo en conta que o cine español está dominando polo “business” e non pola arte. É o que se coñece como “Marca España”.

30 opiniones sobre “Sabes por que non lle deron o Goya á película A Esmorga?

    1. Grazas. A distribución é clave no éxito dunha película, é onde se fan os cartos realmente, por iso as transnacionais de Hollywood presionan aos gobernos para que lexislen para evitar a pirataría, porque ataca directamente ao seu negocio, o demais nin lles importa. Por iso, se é importante levar un premio para unha película como A Esmorga, imaxina para o resto. Algunha destas películas volverán aos cines ao calor dos premios Goya. E iso son máis beneficios para Warner, Twenty Fox, etc, etc.

      Gústame

  1. Hooomem… Será por isso, mas também é certo que como filme “A Esmorga” é frouxinho… Bom, eu não gostei nada (nem da adaptação, realização, actuações, fotografia, etc).

    Gústame

  2. Como xustificas entón que no 2010 a gran triunfadora fose a catalá Pa Negre con 9 Goyas? Hai algunha explicación en base a que Zapatero estaba no goberno e influíu no xurado? Loreak non gañou por ser vasca? ¨
    Nese artigo vexo unha crítica ás distribuidoras multinacionais que non está ben argumentado (baséase nunha opinión ideolóxica que eu comparto) e de que a Academia poida rabear algo por darlle premios a películas non castelás… Pero…para que a nominan entón? Puro paripé? Tiña que estar senon sería un escándalo? Creo que este argumento-sentenza está collido por moitas pinzas.

    Gústame

    1. O mesmo que a nivel político, España pode tolerar unha cultura catalana, e se me apuras unha vasca, pero polo que xa non pasan é pola cultura galega. Galiza, os galegos e galegas, somos un produto exótico e simpático do norte do que facer mofa e burla en canto teñen ocasión, como tantas veces teño denunciado neste blog.

      Gústame

  3. Eu vin as dúas películas e a de Mortadelo está moi, moi ben, mentres que A Esmorga sinceramente non acaba de funcionar (por dicilo dun xeito amable). Comprendo que lle teñades cariño á película por estar feita aquí, pero botarlle a culpa ás distribuidoras de que non levara o premio paréceme de mal perdedor.

    Gústame

    1. A Esmorga, ao igual que a de Mortadelo, non competían na categoría de “mellor película”, senón na de “mellor guión adaptado”. Eu non vin a de Mortadelo, pero si A Esmorga e tamén lin o libro. Gustaríame saber se os da Academia tamén o leron para saber se o guión estaba ben adaptado ou non.

      Gústame

      1. Ah, asi que pjnrotestas porque gañou o premio unha película que nin viches… ok. Tés que saber que en esa categoría non se premia O BEN ADAPTADO que esté o guión, senón A CALIDADE de un guión que parte de outra fonte. Pero se queres pensar que a película non levou o premio porque a academia nos ten manía ós galegos… pra ti a perra gorda. Con razón temos ese tópico de choromicas os galegos.

        Gústame

      2. Ola Aitor,
        Non sei de onde sacas ese punto onde dis como o xurado premia o mellor guion adaptado; xa que nas bases dos propios premios Goya o que apuntan é isto “Se considerará guion adaptado aquel que
        se base o se inspire, directa o indirectamente,
        incluso en versión libre, en una
        obra literaria, cuento, cómic, teatro, audiovisual,
        diarios,memorias, o cualquier obra
        preexistente.”
        Non fai aclaración sobre iso que ti apuntas con tanta claridade.

        Gústame

      3. Fácil, el premio es al “mejor guion adaptado” (mejor guion de entre los que están basados en otras obras), no a la “mejor adaptación a guion”.
        Sólo hay que pensar en la parte en la que dice que se considera adaptado incluso en versión libre. Las adaptaciones libres no podrían ganar en esa categoría por no ser fieles a la fuente?

        Gústame

  4. Espero que os que criticades ao do artigo saibades polo menos como funciona a industria feroz do cine. Claro está que as majors americanas teñen o monopolio mundial da industria cinematográfica, e é cando menos estraño que so triunfen as películas distribuidas polas majors. E que fan estas? Para comezar abusar dos exhibidores facendo acordos de porcentaxes que se achegan ao 80%-20% en beneficios; evidentemente o 80% dirixido cara as majors. Entón como é que triunfan sempre as películas distribuidas por estas majors que comenta o escritor do artigo? Respecto a pa negre hai unha explicación moi lóxica; partindo da base en canto a que Catalunya ten unha lexislación audiovisual exclusiva da que carece o propio estado Español (proposta en 2010 e todavía sen desenrolar), tamén oferta moitas máis axudas para a realización de obras audiovisuais, ten moito máis presuposto e moito máis renombre; porque son cataláns, porque teñen industria, xente identificada coa sua cultura, a súa historia e a súa lingua. En Galicia somos máis de “Ferrol el Caudillo” e danos vergonza ata falar en galego fóra da comunidade, como queres que triunfe unha película en galego, cunha cultura e historia galega 100% se iso é unha vergonza para moitos? Eu dende logo estou orgullosa, adaptar un guión así paréceme bastante complicado, sacarlle xugo foi canto menos unha obra de arte. Outra cousa é que todos esteamos acostumados as historias americanas estándar e a película máis independente que teñamos visto fose Pa Negre ou El Sur (se queredes que nos remontemos aos 80.) Así que creo que antes de criticar teriamos que ter nós mesmos un pouco de autocrítica; o cine galego é de todos os galegos, e entre todos tiñamos que ter a responsabilidade de que sexa un cine bo, apoiado e triunfal.

    Gústame

  5. Claro, solo el cine español está dominado por el dinero, el resto no. Lo siento, pero la opinión de un separata lleno de bilis que se cree en posesión de la verdad dista bastante de ser objetiva o incluso lógica. Saludos.

    Gústame

  6. Fácil, el premio es al “mejor guion adaptado” (mejor guion de entre los que están basados en otras obras), no a la “mejor adaptación a guion”.
    Sólo hay que pensar en la parte en la que dice que se considera adaptado incluso en versión libre. Las adaptaciones libres no podrían ganar en esa categoría por no ser fieles a la fuente?

    Gústame

      1. Respecto a esto, dime 3 películas que cumpran os requisitos que ti dis e teñan calidade suficiente para estar no top do ano do cine español

        Gústame

  7. Tremenda soplapollez de artigo.

    Poerías apuntar máis alto e decir que as esculturas de Michelangelo son unha merda por non estar feitas con xenuina pedra rosa Porriño da terra.

    Por certo, a película da Esmorga frouxa frouxa.

    Gústame

  8. Ao marxe de que as grandes productoras teñen máis medios para conseguir mellor persoal (Mellores técnicos de fotografía, mellores enxeñeiros de són, mellores iluminadores…) e poñer a súa disposición mellores medios. O

    Gústame

  9. Perdón envieí o anterior por erro. Comezo de novo.

    Ao marxe de que as grandes productoras teñen máis medios para conseguir mellor persoal (Mellores técnicos de fotografía, mellores enxeñeiros de són, mellores iluminadores…) e poñer a súa disposición mellores medios. O que fácilmente se reflicte en máis premios, os “argumentos” que esgrimes…

    1º.- Como xa se dixo por ahí o mellor guión adaptado, non premio a mellor adaptación de un guión senón o mellor guión basado nunha idea xa existente.

    2º.- Os únicos argumentos para descalificar os premios é que son de grandes productoras, en ningún momento criticas nada destes filmes, ese mesmo argumento serviría para descalificar The Godfather e decir que Pradolongo é mellor…

    3º.- Creo que é un enorme mérito que unha película en galego sexa nominada aos Goya, e non teño dúbidas que ese mérito é máis difícil de conseguir cunha película en galego que se a película fose en castelán e estivese en todas as carteleras, pero de ahí ao que dis no artigo hai unhas doses de conspiranoia brutales e ningún argumento.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.