Galiza e o paradoxo de Podemos

paradoxoNon hai moitos días, El País, un medio de comunicación de tirada estatal, pero con edición galega -pero non en galego-, presentaba aos candidatos e candidatas á secretaría xeral de Podemos de Galiza. Entre as cousas que dicían, algún mesmo se atrevía a considerar Galiza como unha nación. Digo que se atrevía, -e digo ben-, porque este fin de semana, Carolina Bescansa, a número tres de Podemos deixaba ben claro que o problema nacional galego está resolto, e que o que importaba era resolver o problema económico.

A profesora da Complutense, como moitos outros políticos e políticas que recalaron nas máis altas instancias de poder dun partido político de ámbito estatal, deixou ben claro aos subordinados da periferia cales eran os marcos ideolóxicos entre os que se movía Podemos en Galiza, coincidindo así no discurso co que eles chaman “casta”, é dicir, con PP e PSOE.

A cuestión é que se non se resolve a cuestión nacional galega, se non se resolve a dependencia política, se o noso país non ten soberanía, non ten mecanismos para rematar co espolio económico e enerxético que sofre, malamente se poderán enfrontar a cuestión económica con garantías de éxito. Certo, é unha paradoxo, mais deixa ben claro que para Podemos o caso galego está resolto, mellor dito, non hai caso galego, non hai problema nacional, están satisfeitos co statu quo actual, é dicir, co actual marco autonómico, que non serve para resolver os problemas económicos do pobo galego, aínda que no goberno da Xunta haxa un goberno galego digno de tal nome.

Con todo, teño que felicitar a Podemos, porque polo menos falan desta cuestión, os seus homólogos estatais, PP e PSOE, é que nin mencionan o tema desde hai xa algúns anos. Ao máximo que se atreveu Feijóo foi recoñecerlle a Galiza “algúns signos de nacionalidade”, pero para iso tivo que ir fóra de Galiza, concretamente a Barcelona; que manda truco!

Unha opinión sobre “Galiza e o paradoxo de Podemos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.