Da teoría do maquinista despistado á do tren que viaxaba sen freos

Accidente de tren de Santiago de CompostelaNo mes de agosto pasado preguntábame se o tren accidentado de Angrois tiña algún problema técnico que motivara o seu descarrilamento; indicios había de sobra. Hai uns días La Voz de Galicia informaba que os técnicos peritos que analizaron os restos do tren sinistrado concluíron que unha das locomotoras viaxaba sen unha zapata dos freos, un dato que lle pon os pelos de punta a calquera, e máis se temos en conta que o Alvia saíra dos talleres ese mesmo día pola mañá.

É improbábel que coñezamos a verdade do sucedido, malia todo, datos como este que se coñeceu a semana pasada bota por terra a teoría do maquinista despistado e cobra forza a teoría -chamádelle da conspiración se queredes- de que ese tren non estaba condicións de circular ese día. E insisto, indicio hai de sobra.

Vista a campaña mediática após o accidente queda claro que ADIF, RENFE e o Ministerio de Fomento teñen moito que agochar. Seguramente non saberemos a verdade do sucedido con ese tren do 24 de xullo de 2013, mais a estas alturas os galegos e as galegas si sabemos que Galiza conta cunhas liñas de ferrocarrís moi caras, chapuceiras e inútiles.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s