Overbooking no centro político

overbookingAos habituais inquilinos do centro político do Estado español, PP e PSOE, únense agora Podemos e máis recentemente Ciudadanos. Todos queren estar no centro, porque é aí onde se acumula o maior caladoiro de votos. No caso dos aspirantes até se fai ostentación da súa intención de “ocupar a centralidade do taboleiro” político para desprenderse da pel esquerdista e dereitista que teñen respectivamente.

Porén, que nos vendan o xurdimento de dous partidos novos como algo excepcional non é casual, responde a unha estratexia dos poderes do Estado para crear un novo bipartidismo que dea estabilidade ao sistema ou cando menos para dar cobertura política aos votos que escapan espantados de PP e PSOE, non vaia ser que estes recaian noutras organizacións políticas verdadeiramente transformadoras.

Malia todo, isto só é cuestión de tempo, tarde ou cedo todo volverá á normalidade.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.