E xa van alá 10 anos na rede

Como pasa o tempo. Tal día coma hoxe, un 21 de febreiro de 2005, nacía este blog, “Cousas de Imeneo”. Facíao cunha curta entrada sobre o referendo da Constitución Europea que se levara a cabo xusto o día anterior. E o que son as cousas, todos e todas os que votamos en contra deste texto, malia ser un voto minoritario, confirmamos dez anos máis tarde, mesmo nas nosas propias carnes, que estabamos no certo, que con aquela Constitución poñíanse negro sobre branco, as políticas de austeridade e de recortes sociais e políticos que hoxe estamos a padecer.

Pois si, alá van dez aniños. Ao longo de todo este tempo, ao longo das 1.450 entradas mais ou menos elaboradas, desbullei a miña opinión máis ou menos atinada sobre a actualidade política e social de Galiza e do mundo, non ocultando en ningún momento o meu compromiso político, o nacionalismo, o meu compromiso con esta terra, Galiza, e co seu idioma, o galego.

Mentres teña ganas de escribir e de deixar a miña opinión aquí estarei deixando a miña opinión, moitas veces minoritaria, pero non por iso vou deixar de expresala, contrarrestando dalgún xeito o discurso oficial que nos abafa a todas e todos.

Por último, aínda que este blog non se mantén vivo por ter máis ou menos audiencia, senón por ter máis ou menos ganas de escribir, si quero agradecervos a vosa fidelidade, as vosas visitas máis ou menos continuadas ou esporádicas, os vosos “gústames” nas redes sociais, e quero facelo cunha canción que agardo vos guste tanto como a min. Moitísimas grazas!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.