Martiño Noriega e as contas da leiteira

13985863728276Hai pouco máis dun ano, o actual alcalde de Teo, Martiño Noriega, afirmou nun medio de comunicación que non tiña interese “en concellos viciños”. Saía así ao paso e desmentía o ruxe-ruxe que o situaban como candidato a alcaldía de Santiago de Compostela. Porén, un ano máis tarde xa non desminte ese ruxe-ruxe, senón que está pensando serieamente en dar o salto de Teo ao concello veciño da capital da Galiza.

A saber que cantos de serea oiría desde entón até agora para polo menso considerar esta posibilidade, mais de presentarse como candidato á alcaldía de Santiago de Compostela terá que sortear non poucas dificultades.

Primeiro: terá que dimitir como alcalde de Teo; non hai moitos días dimitiron dous conselleiros da Xunta para ser candidatos en Vigo e Ourense; e mesmo hai precedentes de alcaldes que dimitiron, non uns meses, senón un ano antes, para ser candidato á alcaldía noutro concello; estoume a referir a Telmo Martín do PP, que deixou o cargo de alcalde en Sanxenxo para ser candidato en Pontevedra, cambio que como todos sabemos non lle saíu como el agardaba. É evidente que pode non facelo, pero é cando menos estraño ser alcalde nun concello e presentarse de candidato no do lado. Se non dimite, dálle munición política aos seus rivais políticos de Santiago de Compostela, pero se o fai, ten outro problema…

Segundo: se Martiño Noriega dimite en canto sexa nomeado candidato á alcaldía da capital de Galiza, a alcaldía de Teo pasaría a mans do BNG, que malia ter dous concelleiros, foi a forza máis votada de 2011. Esta situación esperpéntica está motivada polo abandono da formación nacionalista en 2012 de parte do grupo municipal, malia que todos os concelleiros do BNG comprometéranse por escrito a diexar a acta de concelleiro se así o requiría a formación política pola que se prensentaran. Dos nove concelleiros só dous ficaron no BNG, o resto non deixaron a acta, tal e como tiñan prometido, converténdose automaticamente en tránsfugas.

E terceiro: evidentemente Martiño Noriega botará as súas contas, mais na miña opinión as posibilidades de que este político tránsfuga se convirta en alcalde de Santiago de Compostela son moi escasas, e deixar de ser alcalde para ser un concelleiro da oposición, -no mellor dos casos concelleiro de goberno-, non sei eu se é un bo negocio. En todo caso alá el e as contas da leiteira.

4 opiniones sobre “Martiño Noriega e as contas da leiteira

  1. De todo o que explicas o que non teño claro é o que pasa no caso de demisión do alcalde…
    Haberá que mirar a normativa, mais non sei se é que o pleno ten que elexir un novo alcalde, se é que dado o escaso tempo que falla para as eleccións pode quedar o primeiro tenente de alcalde como alcalde en funcións, ou se é como dis e a alcaldía ten que pasar ao seguinte da lista mais votada, e nise caso saber se contan ou non os transfugas así como se tamén tería que tomar posesión o seguinte da lista e habería que saber se ise segue no BNG ou pasouse aos transfugas…
    Vexo moi complicado o asunto, e non estando seguro das modificacións normativas introducidas a conta do “pacto antitransfuguismo”, non sei que opinar…

    Gústame

  2. Eo teño a sesación de que o próximo alcalde de Santiago vai ser o Martiño, tempo o tempo, hoxe xantando en Becerreá uns parentes meos, afirmaban que nas municipais era o voto a persoa, estes non sei a quén votan agora para o concello van todos para o Martiño

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.