Enquisas de manipulación masiva

manipulacion2A miña memoria é moi fráxil, mais eu non teño constancia de que o que se está a vivir a nivel de Estado tivera precedentes na historia recente. Partidos que soben, partidos que baixan nas enquisas, apoio mediático desproporcionado a partidos que a nivel social non pintan nada, como foi o caso de Podemos no seu momento e que agora está a perder “inscritos”, ou como é neste intre o caso de “Ciudadanos”, que acapara a atención mediática que antes ocupaba Podemos. Neste sentido, os que antes non se crían que a subida de Podemos estaba motivada polo apoio mediático dos medios de comunicación, agora teñen outra oportunidade co partido de Albert Rivera para comprobar até que estremos os medios de comunicación, é dicir, o poder económico do Estado, están dando cobertura a unha organización que só ten (tiña) apoios en Catalunya.

As enquisas son unha arma de manipulación masiva, buscan condicionar a opinión pública en función duns intereses políticos e económicos, que é evidente que non son os nosos, os da clase traballadora.

O que non contan as enquisas é que coa Lei D’Hondt na man e coas circunscricións electorais provinciais, moitas delas onde se reparten poucos escanos, os partidos máis votados, e até agora estes son PP e PSOE, son os que se acaban levan o gato á auga. O resto, son especulacións interesadas e ganas de confundir ao persoal.

Con isto non quero dicir que me gustaría que gañaran PP ou PSOE, ao contrario; pero o que si teño claro é que a revolución non será televisada, e se esta é televisada daquela non é revolución, é que algo ten que cambiar para que todo siga igual.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.