Por que non dimite Martiño Noriega?

tumblr_inline_msrhehegN71qz4rgpLogo de coñecerse oficialmente que Martiño Noriega, actual alcalde de Teo, será candidato no concello veciño de Santiago de Compostela son moitas as persoas que se preguntan por que non dimite do seu cargo, como fixeron outras persoas que tiveron responsabilidades de goberno. Obvia dicir, que non hai ningún impedimento legal para que unha persoa que é alcalde nun concello poida presentarse de candidato a alcalde no do lado, pero por ética e por estética, pero sobre todo por respecto aos veciños e veciñas de Teo debería renunciar ao cargo e ao soldo que lle pagan uns veciños, que ven como o seu actual alcalde, prefire candidatarse no concello do lado, no canto de repetir no seu propio. Por outra parte, unha actitude un tanto elitista por parte de Martiño Noriega que ve en Teo un obstáculo para alcanzar os seus obxectivos persoais, no canto dunha oportunidade, o que demostra que o súa acción de goberno neste concello foi normal tirando a mediocre, que non se caracterizou por nada especial.

Pero, vaiamos ao grao de millo, por que non dimite Martiño Noriega para dedicarse á campaña en Santiago de Compostela?

Primeiro, o salario. Cobrar máis de 3000 euros/mes non é moco de pavo, e tendo en conta que aínda sendo médico non ten praza tería que volver ás listas de interinidade e a saber en que PAC acabaría traballando.

E segundo, porque de renunciar o goberno municipal de Teo pasaría ao BNG. O BNG en 2011 obtivo a maioría absoluta neste concello. Logo da escisión en 2012, a maior parte dos concelleiros pasáronse ao grupo de no adscritos, pero sen renunciar á acta, tal e como se comprometeran a facer por escrito se así o pedía o BNG. Deste xeito Martiño e os seus seguiron gobernando, pero formalmente convertéronse nun goberno tránsfuga. Así as cousas, se Martiño Noriega dimite, o goberno pasaría outra vez ao BNG, que con dous concelleiros tería que gobernar nos próximos dous meses. Un esperpento político provocado pola vaidade e pola ambición dunha persoa, que malia todo goza dunha excelente reputación política entre determinados colectivos, só inconcibíbel nunha sociedade amnésica, con pouca formación política e moi influenciada polos medios de comunicación.

 

2 thoughts on “Por que non dimite Martiño Noriega?

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s