Pontevedra capital Rivas-Vaciamadrid?

Praza da Leña, PontevedraA estas alturas da película, Pontevedra pouco ten que aprender dos demais concellos de Galiza, e xa non digamos do resto do Estado español. Premiada e louvada a partes iguais, a cidade do Lérez é hoxe referente en moitos aspectos, especialmente na habitabilidade, no impulso do comercio local fronte ás grandes superficies, na loita contra ENCE que afea un proxecto de cidade de futuro, etc, etc.  Fronte a este modelo, que puxo en marcha o goberno do BNG nos últimos18 anos, e non sen dificultades, están outros como os do PP, que buscar darlle a volta a esta situación. Está tamén o modelo do PSOE, que malia co-gobernar co BNG todos estes anos, é reticente a dar un novo impulso á cidade e ao modelo de futuro de Pontevedra, opoñéndose por exemplo, á planta de compost que proxecta o goberno nacionalista, un proxecto de reciclaxe dos residuos, ao que se opoñen os mesmos -e non só o PSOE, tamén o PP e Mareas- que non querían no seu momento a peonalización do casco histórico e de boa parte das rúas, e hoxe é mostra de orgullo de todas e todos os pontevedreses.

Mais en contra deste modelo están tamén os da Marea de Pontevedra, unha organización instrumental de Izquierda Unida e Anova para presentarse ás eleccións, non só en Pontevedra, senón noutras cidades importantes de Galiza, como Santiago de Compostela ou A Coruña. Unha ollada ao programa da Marea pontevedresa xa nos alerta de que non buscan mellorar o modelo Pontevedra, senón implantar outro como o de Rivas-Vaciamadrid (gobernado por IU), onde por exemplo hai 8 centros comerciais, como o megacentro H2O, para unha poboación semellante á de Pontevedra. É este o modelo que quere a Marea? É este o modelo que queren os pontevedreses e pontevedresas? Teño as miñas dúbidas.

Por outra parte, outra aspecto que chama a atención é a “inmersión amable” da lingua galega que propón a Marea. Non sei se este colectivo busca contentar a todos e todas, que sería o único xeito de ser “amábel”, se é así, o galego pode darse por perdido, levamos anos, moitos anos, de políticas lingüísticas amábeis co resultado que todas e todos coñecemos. E por certo, abrir unha delegación da CRTVG en Pontevedra, non sei eu en que pode contribuír á normalización da lingua, pero vaia…

En resumo, que o 24 de maio Pontevedra ten a oportunidade en afondar no modelo que a premiou durante os últimos anos, ou darlle a volta completamente, da man de referentes sociais e políticos que teñen o pé noutras latitudes. Nas mans dos seus veciños está.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.