Pablo Iglesias, un político oportunista e sen criterio

Non sei que é peor, un político sen programa ou un político sen criterio, que cambia o seu discurso en función das circunstancias e do contexto. Pois ese é Pablo Iglesias, que se une ao rosario de políticos oportunistas que buscan apañar votos de onde sexa e como sexa.

No vídeo que encabeza esta entrada tedes unha mostra, e non é a primeira, de como Pablo Iglesias muda o seu discurso en función das circunstancias. É certo, que en novembro de 2012 el non era político en estrito senso, dirixía un programa de televisión, La Tuerka, mais iso non debería ser escusa para que a súa opinión sobre as forzas de seguranza do Estado sexa tan diferente da que ten hoxe, en plena campaña electoral das eleccións andaluzas, e sendo o líder indiscutíbel de Podemos.

A estratexia de Podemos é a de atrapar votos de onde sexa e como sexa, pero a costa de enganar a xente que pensa que esta organización é diferente de PP e PSOE, cando en realidade -aos feitos me remito- visto é que é o mesmo.

2 opiniones sobre “Pablo Iglesias, un político oportunista e sen criterio

  1. age & vieiras – ladrons sinvergonzas expañolistas e corruPPteiros – “Non pode ser que viñera xente de toda a provincia a votar aquí. É un escándalo”, din desde o equipo de Doval. “Se son unhas primarias, son unhas primarias. É o resultado que quere a xente… O que non se pode é convocar primarias e logo como non sae o candidato que uns queres pois rompen a baralla”, din fontes próximas a Mosquera.

    Unhas diferencias que foron en aumento e que ameazan con rachar en dúas a coalición. Nos últimos días intensificáronse as negociacións para tentar chegar a un acordo pero as diferencias son moi grandes. O equipo de Doval pide a dimisión de Mosquera e que sexa el quen encabece a lista, deixando a Ana Bande, de CxG, como número dous. Unha proposta que non aceptan desde a outra banda. Outros, máis radicais, xa falan de ruptura.

    Distintos sectores traballan a contrareloxo para evitar unha ruptura que, de producirse, podería deixar en nada a posibilidade de obter representación na cidade de Ourense. E sería especialmente dura porque salpicaría a todas as mareas e listas populares de Galicia o que daría argumentos electorais para os partidos tradicionais que se ven ameazados por estas candidaturas en diferentes puntos de Galicia, principalmente, na Coruña e en Santiago.

    Nas votacións da pasada fin de semana ademais de Mosquera, como cabeza de lista, saíu elixida, Ana Banda, no posto dous; Ledicia Piñeiro, de tres; Miguel Doval, de catro, Tania Bouzo e Daniel Conde. Entre os outro primeiros hai representantes de CxG, Anova, EU e independentes.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.