Terrorismo e a doutrina do shock

bombardeo-mediaticoOs medios de comunicación non presentan as noticias de xeito casual nin por orde de caída, hai unha intencionalidade clara de influír na opinión pública. Onte por exemplo, no informativo de TVE despois de falar abondosamente do atentado de Túnez, saíu unha noticia que daba conta de que Francia avanza nunha lei que dará carta branca aos servizos secretos dese país para facer pinchazos telefónicos sen orde xudicial coa escusa da loita contra o terrorismo. É dicir, que baixo esta premisa poden facer unha espionaxe masiva e indiscriminada da poboación, e todo co aplauso dunha sociedade amedrentada e en estado de shock logo dos atentados do Charlie Hebdo. Un individuo, unha sociedade en estado de shock é vulnerábel e manipulábel, iso xa o dixo Naomi Klein no seu aclamado libro “A Doutrina do Shock”.

Non hai nada casual. O bombardeo sistemático e calculado que recibimos a través dos medios de comunicación das atrocidades do Estado Islámico, unha organización terrorista creada e financiada por occidente, non é casual, responden a unha estratexia global para estabelecer estados totalitarios formalmente democráticos. Un perigo para a liberdade.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.