O cambio non empeza en Andalucía

Susana DíazO lema de campaña de Podemos para as eleccións andaluzas era “O cambio empeza en Andalucía”, como antesala do cambio que vaticinan para as eleccións xerais de finais de ano. Porén, unha vez realizas as votacións a conclusión é que en Andalucía, cunha tasa de paro do 34%, nada cambia, todo sigue igual, agás, iso si, haxa un acordo entre PP, Podemos e Ciudadanos para apartar a Susana Díaz da presidencia. Todo pode ser.

O PSOE malia perder 120 mil votos, obtén idéntico número de deputados que en 2012, un éxito para Susana Díaz, mais que para Pedro Sánchez, que mirará de reollo os próximos movementos da presidentísima andaluza.

O PP baixa, e seguramente puido ser peor. Perden medio millón de votos, pero quedan por enriba da barreira psicolóxica do millón. Tíñano difícil, nin tiñan o mellor candidato nin era o mellor momento para eles, de feito criticaron a Susana Díaz por convocar as eleccións, síntoma de que eles non estaban preparados.

Podemos acada un novo éxito, pero menor do agardado. Tendo en conta que había enquisas que lle daban máis do 20% do voto, non chegar ao 15% pode considerarse un resultado discreto, pero hai que ter en conta que son chave do goberno andaluz, xa que ao PSOE necesita 7 votos para acadar un goberno estábel e os de IU non son suficientes. A pelota está sobre o seu tellado e a decisión non é doada, terían que apoioar ao que eles chaman “casta”, que seguirá mandando outros catro anos.

Unha opinión sobre “O cambio non empeza en Andalucía

  1. Non descartemos que o PSOE acade o apoio de Ciudadanos para a investidura e logo realice pactos puntuais gobernando en minoría. Con esta estratexia Podemos podería seguir sin ter que tomar unha decisión incómoda para o seu electorado.

    De todos os xeitos gaña Susana Díaz, porque xa non ten que ter a IU dentro do seu goberno.

    Noraboa aos divididores de alternativas, voltaron a servir para o que os crearon os medios: permitir que PPSOE siga dominando a pesares de perder votos a moreas.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.