Anova e IU da Estrada a partir un piñón con Cáritas

CáritasPodería ser unha brincadeira aproveitando o día 1 de abril, pero non, a noticia xa é o do sábado pasado, así coido que a cousa é vai a serio. O asunto é que Móvete, candidatura integrada por militantes de Anova e Izquierda Unida da Estrada están cunha campaña de recollida de alimentos. A cuestión é que eses alimentos recopilados polas forzas políticas que presumen ser de esquerdas e laicas, entregarAnllos a Cáritas, que como todo o mundo sabe é unha organización de confesión cristiá, que ten na caridade o seu xeito de expandirse e aumentar o número de crentes.

Nestes tempos de crise económica non son poucos os que ven con bos ollos estas campañas de Cáritas, pero temos que ter en conta que a caridade nunca rematou coa pobreza, por paradoxal que resulte, ao contrario aliméntaa. Cómpre recorrer aos clásicos, e aproveitando a Semana Santa, hai que recordar que Xesucristo non estaba precisamente pola laboura da caridade, ao contrario, el avogaba por ensinar a pescar non a dar peixe, segundo nos explica a Biblia. Un concepto, por outra banda moi achegado á filosofía marxista e ás políticas de esquerdas que buscan proporcionar ferramentas aos homes e mulleres para que non pasen fame, en definitiva, para que teñan traballo.

Neste sentido, é un tanto esperpéntico que unhas formacións políticas que non hai moitos días manifestábanse en Madrid para pedir “Pan, Teito e Traballo”, teñan na caridade o único xeito de cubrir ás necesidades das persoas, co agravante de que o fan da man de Cáritas, no canto de facer as propostas programáticas que correspondan para solucionar os problemas da xente.

Os partidos políticos son ferramentas que deberían servir para transformar a sociedade con propostas e alternativas políticas. Se un partido político recorre á caridade é que non ten alternativas nin propostas.

One thought on “Anova e IU da Estrada a partir un piñón con Cáritas

  1. Sen entrar no fondo da túa disertación ( da que discrepo) , permíteme un matiz que coido importante : non é a mesma cousa EU (que non IU) , ca ANOVA, ca MÓVETE. O asunto ao que fas referenza é cousa de MÓVETE e non de ANOVA.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s