Leccións de Toni Cantó a Martiño Noriega

Toni CantóToni Cantó, ex-deputado de UPyD, non é santo da miña devoción – que quede claro-, mais o xesto político do actor valenciano non só lle honra, senón que debería ser o modelo a seguir por moitos outros que se presentan como rupturistas e representantes da nova cultura política.

Desconforme coa liña política de UPyD, e vendo que era incapaz de rectificala a curto prazo, Toni Cantó deciciu apartarse da primeira liña política, dimitir como deputado no Congreso, non ser o candidato desta formación política ás eleccións autonómicas e tomarse o seu tempo antes de tomar unha decisión definitiva. Algo moi semellante tamén o fixo Carlos Aymerich, que segue a ser militante do BNG, a pesar de que a web da CRTVG aínda hoxe diga o contrario.

Porén, Martiño Noriega, desconforme coa liña política do BNG, que el xulgaba errada, fixo todo o contrario: deixou a organización nacionalista, pero non dimitiu de alcalde e tampouco cedeu a súa acta á organización na que militaba anteriormente, tal e como se comprometera por escrito.

Seguramente a decisión de Toni Cantó está perfectamente calculada, é dicir, que forma parte dunha estratexia, que tarde ou cedo acabaremos vendo; isto é, que acabe nas filas de Ciudadanos. Mais as formas son completamente distintas ás de Martiño Noriega, que ademais, sendo aínda alcalde e cobrando do concello de Teo por este cargo, preséntase como candidato á alcaldía de Santiago de Compostela. Un esperpento, vaia…

Algúns dirán que estou defendendo a un de UPyD, que é moi dereitas no canto de defender a un que supostamente é de esquerdas. Que digan o que queira, aos feitos me remito e estes non deixan en moi bo lugar a Martiño Noriega, que pasea a súa ética polos platós de radio e televisión de Galiza.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.