Pois ao final vai ser que non Podemos

MonederoAcordades daquelas estrelas das primeiras edicións Gran Irmán? Acaparaban programas de televisión e medios escritos. Foron un mero produto de consumo de usar e tirar. Algo así é o que lle pasa á organización política Podemos. Foron útiles durante un anaco de tempo. Acapararon centos de páxinas nos medios escritos, foron trendig topic en múltiples ocasións, pero cando deixaron de ser útiles ao sistema, ese castelo cae polo seu propio peso, porque lle fallan os alicerces, está construído polo tellado, non polos pes, pegado á terra.

As liortas, as vendettas, as purgas, as denuncias de fraude, escisións … foron continuas desde o primeiro día que botou a andar Podemos, pero a pesar de todo subía como a escuma da cervexa.

Podemos estaba chamado a sobrepasar aos partidos sistémicos. Así o indicaban as enquisas hai apenas uns meses. Porén, hoxe, despois das eleccións andaluzas, onde non cumpriu as expectativas, -non chegou ao 15% do voto- Podemos é un peso morto sobrepasado polas circunstancias e por Ciudadanos, o novo xoguete do capitalismo español.

A isto hai que engadirlle a dimisión de Monedero, un dos seus fundadores, que marcha empurrado polos compañeiros de viaxe, pero faino dando un sonoro portazo de impredecíbeis consecuencias para unha formación política que é puro fume mediático sen organización que o sustente.

Isto víase vir, o que non sospeitaba era que fora tan pronto, ás portas dunhas eleccións municipais e autonómicas, e a poucos meses das xerais.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.