É tempo de recambio

carra25-5-15A nivel político vivimos tempos de recambio, que non de cambio nas institucións. Son tempos nos que determinadas forzas políticas emerxentes, que aspiran a substituír ás que están, surfean na marea de indignación social e de crise económica cun discurso esperanzador, pero moi difuso e pouco concreto nas propostas políticas.

Vivimos tempo de oportunismo e demagoxia. Mais agora é a hora da verdade, de facer realidade o prometido, e xa hai quen está poñendo a venda antes de tempo, como o futuro alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, que di que se cumprirá “na medida das posibilidades, porque hai cousas que non dependen del”, ao máis puro estilo da vella política, isto é, a “realpolitik”, que foi a que nos levou á situación na que nos atopamos, é dicir, actuar ao ditado do poder.

Haberá que agardar en que dá todo isto, que cumpren ou que é o que non cumpren. Se é o primeiro estupendo, será bo para todos e todas, pero se non cumpren a indignación social pode dar como resultado o xurdimento do fascismo e de caudillos que pescan en río revolto, como por exemplo Abel Caballero, que arrasou en Vigo, a pesar dos desafiuzamentos, da crise económica, do paro que atenaza a esta cidade, etc, etc.

Por outra parte, o que si tamén teño claro é que a revolución non será televisada. Ningunha forza rupturista de verdade sae nos horarios de máxima audiencia das televisión nin lle fan desconexións en directo dos seus actos de campaña. O poder non é parvo, e sabe ben a quen ten que promocionar e a quen non para cambiar algo para que todo siga igual.

3 opiniones sobre “É tempo de recambio

  1. A “revolución” é a que non vai ser televisada, tiveches aí un pequeno lapsus…a non ser un xogo de palabras…
    Moi boa, boísima análise. Parabéns.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.