O tempo do “ninismo” político

indecisos-300x225Nin de esquerdas nin de dereitas, nin españolistas nin nacionalistas. Así é como se definen as forzas políticas emerxentes e os movementos cidadáns de confluencia. Despréndense de todo tipo de bagaxe ideolóxico, así como dos símbolos tradicionalmente asociados a determinadas ideoloxías, especialmente de esquerda. O bagaxe ideolóxico substitúeno por un “o que diga a xente” ou por un “primeiro as persoas” e os símbolos por elementos desprovistos de toda carga ideolóxica, como pode ser a gorra de Martiño Noriega, por citar un exemplo.

A combinación desde logo funciona nunha sociedade completamente desideoloxizada e despolitizada, que non ten outra aspiración que cambiar os que están por outros distintos sen entrar en máis fonduras, e por suposto, sen cuestionar o propio sistema capitalista, que desde logo ten boa parte da culpa dos males desta sociedade, tanto desde o punto de vista económico como político. Neste sentido, é curioso como a flamante alcaldábel de Madrid, Manuela Carmena, acudiu presta a reunirse coa entidade financeira que acaparou máis titulares sobre corrupción política e económica nos últimos meses, Bankia, para declarar a continuación que “os bancos non teñen nada que temer” con ela no goberno da capital do Estado.

Pero o máis curioso do “ninismo” político que representan estas forzas políticas emerxentes é que, a pesar de renegar da esquerda e mesmo do nacionalismo, os medios de comunicación, así como referentes políticos (tamén do BNG) encadran estes novos novos gobernos municipais precisamente nestes espazos políticos dos que se afastan explicitamente.

A partires do 13 de xuño, data na que se constitúen os novos gobernos municipais, haberá que pasar das palabras aos feitos e das escenificacións mediáticas á toma de decisións políticas, que terán consecuencias, para ben e para mal.

Haberá que ver por exemplo, que accións concretas leva a cabo esa rede de concellos rebeldes que patrocinan os vencedores máis destacados das “mareas”, Xulio Ferreiro e Martiño Noriega. Así por exemplo, este último non presidiu precisamente nos últimos catro anos un concello caracterizado pola súa rebeldía fronte aos ditados do goberno de Mariano Rajoy, especialmente no que atinxe á paga extra dos funcionarios municipais, que quedaron sen ela, non como no caso do goberno municipal de Pontevedra en mans do BNG. Haberá que ver, efectivamente, o tempo dirá.

Unha opinión sobre “O tempo do “ninismo” político

  1. http://kaosenlared.net/beiras-pide-a-pablo-iglesias-que-sea-generoso-y-ceda-en-galicia-el-protagonismo-a-las-mareas/#comment-12899
    AGORA O POLITICO VELLO CHAMADO VIEIRAS ANDA A “POSTRARSE DE HINOJOS” DIANTE DE PODREIROS DE WALDO, PERO NON LLE VAI SERVIR PARA NADA, WALDO XA DIXO QUE VAI METER PODREIROS NA GALIZA, ENTON O POBO DARSE CONTA DA IMPOSTURA DO VELLO, POIS ALGUNS QUE TEÑEN O CEREBRO ESCANGALLADO VERAN QUE O VELLO NON ESTA EN PODEMOS QUE ESTA NO AGE MALDITO… VIEIRAS TIRARTE POLO CHAN COMO UN NOXENTO VERME NON CHE VAI SERVIR PAR NADA….

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.