Bilderberg aposta por Pedro Sánchez

Pedro SánchezEn plena batalla polas primarias do Partido Demócrata, Hillary Clinton e Barack Obama, reuníronse en segredo co famoso Club Bilderberg a principios do mes de xuño de 2008, en Virginia, Estados Unidos. Días despois Obama acadou a nominación á presidencia deste país e de aí á vitoria o primeiro martes despois do primeiro luns de novembro, que é cando tradicionalmente se celebran as eleccións en Estados Unidos.

En xuño de 2011, María Dolores de Cospedal, Secretaria Xeral do PP, acudía como convidada do Club Bilderberg á reunión anual que se celebraba desta volta en Saint Moritz, Suíza. Meses máis tarde, o PP arrasaba nas eleccións xerais e Mariano Rajoy convertíanse en presidente do goberno. Con el chegou o escándalo e os recortes que todos e todas coñecemos.

Pedro Sánchez, Secretario Xeral do PSOE, acudirá tamén este fin de semana á reunión anual do Club Bilderberg, que terá a súa cita en Austria. E a lóxica indica que se converterá en presidente do goberno en novembro de 2015, logo de recibir as instrucións pertinentes.

Pensaredes que é casualidade, mais o poder non dá puntadas sen fío. En todo caso, a finais de ano saberemos a resposta.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.