Pablo Iglesias: “O Parlamento Europeo é unha perda de tempo”

Pablo IglesiasPara Pablo Iglesias: “O Parlamento Europeo é unha perda de tempo“. Así de taxativo se expresou o líder de Podemos en outubro do ano pasado nunha conferencia que deu en Bolivia, e desde logo é algo que se toma ao pé da letra. Sen ir máis lonxe, hoxe, ao mesmo tempo que se realizaba unha votación no Parlamento Europeo sobre se se adiaba ou non o debate sobre o TTIP, Pablo Iglesias estaba participando nun debate organizado pola Cadena Ser sobre o mesmo tema. O debate na radio non sei como foi, pero o resultado da votación foi moi axustado, só dous votos impediron que hoxe se debatese sobre o Tratado de Libre Comercio entre Estados Unidos e a Unión Europea e sobre as graves consecuencias que terá para todas e todos nós de chegar a aprobarse. Evidentemente, non culpo a Pablo Iglesias de perder a votación, xa que houbo moitos outros eurodeputados que tampouco cumpriron coa súa obriga; pero en días como hoxe, con temas tan importantes e con votacións tan axustadas, a ausencia de todo aquel que está en contra do TTIP faise aínda máis notábel.

O que fai que o Parlamento Europeo ou calquera outra institución pública sexan unha perda de tempo é ter representantes que non se toman o mandato dos electores ao pé da letra, e isto vale tanto para Pablo Iglesias de Podemos, como para Carlos Iturgaiz do PP, Javier Nart de Ciudadanos, como Elena Valenciano do PSOE, que tampouco foron votar hoxe. Eliximos representantes públicos para que defendan os nosos intereses nas institucións, non nos medios de comunicación, que como todos sabemos xa, representan os intereses que representan.

O curioso é que Pablo Iglesias di que quere rexenerar a política. Pois estamos listos!

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.